Presentadas en Lugo as finais da Copa Galicia FS
- Departamento prensa Noia PA FS
- Apr 10
- 1 min read

Xoves, 10/04/2025 · 18:10h · Imaxe: RFGF | A Muralla de Lugo inaugurou a conta atrás para o vindeiro xoves 17 de abril, cando o Noia buscará o seu 4º título autonómico seguido.
A unha semana de que se produza, a gran festa do fútbol sala galego tivo a súa presentación, tan só uns metros lonxe dun Municipal dos Deportes onde o Noia Portus Apostoli FS buscará o seu cuarto campionato galego consecutivo fronte ao Stellae Leis Pontevedra o xoves 17 ás 18:00h, horas despois da finalísima feminina. A imponente Muralla de Lugo reuniu este xoves a protagonistas de todos os equipos e representantes federativos, autonómicos e municipais para dar o inicio oficial da conta atrás.
Por parte do Portus Apostoli asistiron á cita o director xeral, Javier Barreiro e o capitán, Pirata. Do lado pontevedrés figuraron o directivo Jose Barcala e o capitán, Nico Crespo. Tampouco faltou a presenza do presidente da RFGF, Pablo Prieto; o presidente do Comité Galego de Fútbol Sala, Julio Mougán; o vicepresidente da RFGF en Lugo, Carlos Méndez; e o delegado federativo, Manolo Vilachá, ademais de membros do FSF Castro Bloques Cando e CD Burela FS, como equipos participantes na final feminina, e do Ribeira FS, Club organizador do evento.
Venda de entradas
Lembra que a venda de entradas para o duelo entre noieses e pontevedreses continúa aberta. Podes facerte coa túa localidade, sen numerar e sen asento asignado, seguindo unha destas vías:
·No Local Social del Club (Rúa Carcasía, 7. Noia), de luns a venres en horario de 20:00h a 21:00h.
·Na web.
Comments