top of page

O Noia Portus Apostoli FS participará no “Torneio Cidade da Póvoa”

Os de Tomás de Dios disputarán dous encontros na cidade portuguesa, un o venres 15 e outro o 16 de setembro, aproveitando a semana de parón ligueiro.

(foto: Pichero)

Tras a disputa da segunda xornada, chega o primeiro parón da Primera División Fútbol Sala 23/24 e, ao igual que outros conxuntos da categoría, o Noia Portus Apostoli FS non deterá a súa actividade e participará no cuadrangular “Torneio Cidade da Póvoa”, en Póvoa de Varzim, Portugal, entre o venres 15 e o sábado 16 de setembro.

O anfitrión CD Póvoa, o ADC Nogueiró e o Sporting Paris francés completan o listado de equipos que disputarán o Torneo, con sede no Pavilhao Linhares de Castro. O formato do mesmo é de eliminatoria directa, coas semifinais, a xogarse ambas o venres, e o partido polo terceiro e cuarto posto e a gran final, que se celebrarán o sábado.

Horarios

Venres 15 de setembro

Semifinal 1: Sporting Paris vs CD Póvoa (20:00 hora local)

Semifinal 2: Noia Portus Apostoli FS vs ADC Nogueiró (21:15 hora local)

Sábado 16 de setembro

Partido 3º e 4º posto (18:00 horal local)

Final (19:30 hora local)

Comments


bottom of page