top of page

Marcos Ferreyra xogará cedido no UD Ibiza FS a temporada 23/24

O porteiro arxentino sae a préstamo por segundo curso seguido, tras facelo o pasado no Bisontes Castellón.

(foto: Manuel Lorenzo)

O Noia Portus Apostoli FS e o UD Ibiza Gasifred Ciutat d’Eivissa FS alcanzaron un acordo para a cesión de Marcos Ferreyra ao conxunto eivisenco, recén ascendido á Segunda División.

Desta maneira, o gardameta arxentino, con contrato na entidade noiesa ata xuño de 2026, cumprirá a súa segunda temporada consecutiva a préstamo, tras defender na pasada as mallas do Bisontes Castellón, co que disputou en Liga 29 partidos, anotando 3 goles e finalizando 12º na clasificación da categoría de prata.

Desde o club queremos agradecerlle a profesionalidade de Marcos desde a súa chegada ao mesmo e desexámoslle a mellor das sortes nesta nova temporada que está a punto de comezar.

Comments


bottom of page