A cesión do á-peche brasileiro amplíase por unha temporada máis, cumprindo así a segunda de relación.
O plantel do Noia Portus Apostoli FS contará por segundo curso seguido coa presenza de Machado, despois de prolongar a cesión que o vincula ao conxunto dirixido por Tomás de Dios para a temporada 2023/2024.
O brasileñiro de 26 anos, que chegou a Noia o pasado verán en calidade de cedido polo Mallorca Palma Futsal, disputou na súa primeira campaña como noiés entre todas as competicións un total de 34 encontros, anotando 12 goles.
Capaz de actuar tanto de á como de peche, e incluso de pivote se a situación o require, Machado tradúcese nunha peza polivalente dentro do equipo, á que suma outras características como a súa competitividad, gran calidade de pase e potente golpeo exterior.
Con esta péchase o apartado de renovacións no Portus Apostoli 23/24, unidas ás de Power Raggiati, Altamirano, Lluc, Henrique e Edu Jabá, as continuidades de Pirata, Nico Rosa, Douglas e Álex García e as fichaxes de Nico Sarmiento, Matheus Preá, David Pazos, Attos e Rufino.
Комментарии