top of page

Lg1do causa sensación coas cores do Noia Portus Apostoli FS

  • 2 days ago
  • 1 min read
Mércores, 26/08/2026 · 09:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O cantante encheu a Praza do Tapal nunha actuación na que luciu indumentaria do noso Club.
Mércores, 26/08/2026 · 09:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O cantante encheu a Praza do Tapal nunha actuación na que luciu indumentaria do noso Club.

Un dos momentos máis agardados das festas patronais de San Bartolomeu de Noia estaba fixado para a noite do martes. O cantante Lg1do, un dos artistas emerxentes do momento no panorama galego y nacional, cumpriu as expectativas e encheu por completo a Praza do Tapal. E fíxoo lucindo as cores do Noia Portus Apostoli FS.


O autor de éxitos como “Frente a frente” ou “Darche”, con máis de millón e medio de escoitas na plataforma musical Spotify, posou minutos antes de comezar a súa actuación coa nova segunda camiseta do Club para a temporada 2026/2027. A continuación, saltou ao escenario coa bufanda, e durante o concierto regalou algunha ao enfervorecido público noiés, ademais dunha camiseta.


Tanto o Club como o artista e o seu equipo amosáronse moi contentos co resultado e emprazáronse a posibles futuras colaboracións.


Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Comments


bottom of page