Xoves, 29/08/2024 · 13:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Completan os servizos médicos do Primeiro Equipo como preparador físico e fisioterapeuta, respectivamente.
O Noia Portus Apostoli FS dispoñerá unha temporada máis de Juan Carlos Argibay como preparador físico e de Darío Moure como fisioterapeuta no corpo técnico do Primeiro Equipo, formando xunto ao doutor Adrián Gallego o persoal de servizos médicos.
Juan Carlos Argibay (Cerdedo-Cotobade, 1996) cumprirá a súa segunda temporada sendo o encargado de coidar a preparación física dos xogadores noieses. Ademais diso, tamén se ocupará de xestionar o apartado de nutrición do plantel.
Pola súa parte, será a terceira campaña de Darío Moure (Santiago de Compostela, 1997) na función de fisioterapeuta, estando presente no día a día para tratar de solucionar calquera molestia que poidan sufrir os nosos tanto nos adestramentos como nos partidos.
Encantados de seguir contando con vós na familia!
留言