A Xunta Directiva do Noia Portus Apostoli FS informa aos socios de, en caso de que non poidan asistir ao encuentro ante o Real Betis Futsal o próximo sábado 8 de abril ás 18:30 horas, a posibilidade de que cedan o seu asento a disposición do club, en aras de axudar ao mesmo e producir un ambiente o máis espectacular posible no Agustín Mourís.
Cada abonado que non vaia ao partido e desexe ceder o seu asento poderá facer saber tal feito enviando unha notificación aos medios de WhatsApp (número 669 72 95 75) ou correo electrónico (administracion@noiafutbolsala.com) da entidade.
Lémbrase que para o acceso aos partidos é obligatorio que os socios presenten o seu carné de abonado na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís. Estes son persoais e intransferibles, é dicir, só poderá asistir co mesmo a persoa á que está asignada o carné.
Comments