top of page

INFORMACIÓN A ABONADOS | Partidos contra Servigroup Peñíscola e Family Cash Alzira



A Xunta Directiva do Noia Portus Apostoli FS informa aos abonados de, en caso de que non poidan asistir aos encontros das xornadas 6 e 7 de Primera División Fútbol Sala, Noia Portus Apostoli FS-Servigroup Peñíscola FS (mércores 18, 20:00h) e Noia Portus Apostoli FS-Family Cash Alzira FS (sábado 21, 13:00h), a posibilidade de que cedan o seu asento a disposición do club, en aras de axudar ao mesmo e producir un ambiente o máis espectacular posible no Agustín Mourís.

Cada abonado que non vaia a ir ao partido e desexe ceder o seu asento poderá facelo na plataforma do club noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asiento”. Outros procedementos para a liberación do asento serían enviando unha notificación aos medios de WhatsApp (número 669 72 95 75) ou correo electrónico (administracion@noiafutbolsala.com) da entidade.

Lémbrase que para o acceso aos partidos é obrigatorio que os abonados presenten o seu carné na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís. Estes son persoais e intransferibles, é dicir, só poderá asistir co mesmo a persoa á que está asignada o carné.

Comments


bottom of page