top of page

INFORMACIÓN A ABONADOS | Noia Portus Apostoli FS-Jaén Paraíso Interior FS



A Xunta Directiva do Noia Portus Apostoli FS informa aos abonados de, en caso de que non poidan asistir ao encontro da xornada 9 de Primeira División Fútbol Sala, Noia Portus Apostoli FS-Jaén Paraíso Interior FS (sábado 4 de novembro, 19:00h), a posibilidade de que cedan o seu asento a disposición do club, co propósito de axudar ao mesmo e producir un ambiente o máis espectacular posible no Agustín Mourís.

Cada abonado que non vaia a ir ao partido e desexe ceder o seu asento poderá facelo na plataforma do Club noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”. Outros procedementos para a liberación do asento serían enviando unha notificación aos medios de WhatsApp (número 669 72 95 75) ou correo electrónico (administracion@noiafutbolsala.com) da entidade.

Lémbrase que para o acceso aos partidos é obrigatorio que os abonados presenten o seu carné na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís. Estes son persoais e intransferibles, é dicir, só poderá asistir co mesmo a persoa á que está asignada o carné.

Comments


bottom of page