A Xunta Directiva do Noia Portus Apostoli FS informa aos abonados SENTIMENTO de, en caso de que non poidan asistir ao encontro nomeado día do club ante o Barça o próximo sábado 30 de setembro ás 18:00 horas, a posibilidade de que cedan o seu asento a disposición del club, en aras de axudar ao mesmo e producir un ambiente o máis espectacular posible no Agustín Mourís.
Cada abonado SENTIMENTO que non vaia a ir ao partido e desexe ceder o seu asento poderá facelo na plataforma do club noiafs.compralaentrada/com, no apartado “liberar o meu asento”. Outros procedementos para a liberación do asento serían enviando unha notificación aos medios de WhatsApp (número 669 72 95 75) ou correo electrónico (administracion@noiafutbolsala.com) da entidade.
Lémbrase que para o acceso ao partido deste sábado, nomeado día do club, é obrigatorio que os abonados SENTIMENTO presenten o seu carné de abonado na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís, así como o resto de abonados deberán presentar a entrada mercada e correspondente para o mesmo.
Para o resto de partidos, lémbrase tamén que é obrigatorio que os abonados presenten o seu carné na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís. Estes son persoais e intransferibles, é dicir, só poderá asistir co mesmo a persoa á que está asignada o carné.
Comments