top of page

INFORMACIÓN A ABONADOS | Noia Portus Apostoli FS vs Real Betis Futsal



A Xunta Directiva do Noia Portus Apostoli FS informa aos abonados de, en caso de que non poidan asistir ao encontro da xornada 29 de Primeira División Fútbol Sala, Noia Portus Apostoli FS vs Real Betis Futsal (sábado 4 de maio, 19:00h), a posibilidade de que cedan o seu asento a disposición do Club, en aras de axudar ao mesmo e producir un ambiente o máis espectacular posible no Agustín Mourís.


Cada abonado que non vaia a ir ao partido e desexe ceder o seu asento poderá facelo na plataforma do Club noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”. Outros procedementos para a liberación do asento serían enviando unha notificación aos medios de WhatsApp (número 669 72 95 75) ou correo electrónico (administracion@noiafutbolsala.com) da entidade.


Lémbrase que para o acceso aos partidos é obrigatorio que os abonados presenten o seu carné na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís. Estes son persoais e intransferibles, é dicir, só poderá asistir co mesmo a persoa á que está asignada o carné.

bottom of page