
Xoves, 20/03/2025 · 10:25h · Imaxe: Foto Pichero | O Portus Apostoli buscará o seu cuarto campionato consecutivo o Xoves Santo ás 18:00h no Municipal dos Deportes lucense.
A Real Federación Galega de Fútbol desvelou o pasado venres os detalles da gran final da XXXIII Copa Galicia masculina. Nela estará, por quinta edición consecutiva, o Noia Portus Apostoli FS, que tratará de conquistar o xoves 17 de abril ás 18:00h no Municipal de los Deportes de Lugo o seu cuarto título autonómico fronte ao Stellae Leis Pontevedra FS.
Unha Copa Galicia moi lucense para o Noia
Os noieses teñen na súa man o facer historia. De lograr o triunfo, converteríanse no segundo equipo en erguer a Copa Galicia por cuarto ano seguido, sumándose ás victorias de Marín 2022, Noia 2023 e Noia 2024, e ascenderían ao terceiro escalón do podio de gañadores.
Tras dúas campañas disputando a final na casa, os brancos buscarán o éxito en 2025 en Lugo, cuxa provincia xa tiveron que visitar para superar os cuartos (0-6 en Vilalba) e na semifinal incluso o mesmo Municipal dos Deportes (4-5 ante o ADC Lugo Sala).
Un rival “debutante” pero a ter en conta
Os de David Palmas enfrontaranse na gran final ao Stellae Leis Pontevedra FS. O pasado verán produciuse a fusión entre os clubes Stellae FS e Leis Pontevedra FS, mantendo plantel do primeiro e estrutura do segundo. Actualmente sitúanse 3º con 56 puntos na táboa do Grupo I de Segunda División “B” FS, loitando por alcanzar o primeiro posto de cara ao PlayOff de ascenso a Segunda, no que xa competiu o Stellae FS na 23/24, cedendo na última fase.
Aínda que agora cun novo nome, para a institución do Lérez será tamén a súa quinta final, e, ao igual que os noieses, con tres vitorias e unha derrota. Os dirixidos por Santi Valladares alcanzaron esta instancia tras desfacerse do SD Pazos de Borbén (1-6) na previa 2, do Alto do Vento FS (2-4) na previa 3, de dar a sorpresa contra O Parrulo Ferrol FS (4-2) en cuartos e unha nova machada ante CD Burela FS (a penaltis tras empatar 2-2) na semifinal. No seu cadro destaca todo un multicampión co Barça e campión de Europa con España como é Aicardo.
Entradas á venda proximamente
O 17 de abril, festivo ao tratarse de Xoves Santo, será a festa completa do fútbol sala galego, xa que ás 12:00h disputarse a final da XVIII edición femenina entre FSF Castro Bloques Cando e CD Burela FS.
A entidade organizativa de ambos eventos é o Sibuscascoche Ribeira FS, que nos vindeiros días dará a coñecer a información sobre a venta de entradas para as dúas finais.
Kommentare