Confirmadas as primeiras datas do 2026 | Horarios das xornadas 16, 17, 18, 19, 20, 21 e 22
- Departamento prensa Noia PA FS

- 3 days ago
- 2 min read

A RFEF anunciou os primeiros horarios de 2026, máis concretamente das xornadas 16, 17, 18, 19, 20, 21 e 22.
O Portus Apostoli arrancará o ano visitando a pista do actual bicampión ligueiro, o mércores 7 de xaneiro ás 20:45h. Tres días máis tarde, primeiro partido na casa da segunda volta, recibindo ao ATP Iluminación Ribera Navarra FS o sábado 10 ás 16:00h.
O siguiente envite ligueiro farase agardar 35 días, nun parón motivado pola UEFA Futsal EURO de seleccións. Os brancos regresarán ao torneo doméstico o sábado 14 de febrero ás 18:00h na cancha do Servigroup Peñíscola FS pola xornada 18.
Unha semana despois, cita sinalada. As cámaras de Teledeporte e a pista azul chegarán ao Mourís na xornada 19 para dar maior calibre ao partidazo contra ElPozo Murcia Costa Cálida FS, o sábado 21 ás 13:00h. A continuación, novo partido como locais e nun horario nunca visto na casa. O conxunto de David Palmas recibirá ao Industrias Santa Coloma en venres, para ser exactos o día 27 de febreiro ás 20:00h.
Para o sábado 7 de marzo ás 17:30h queda encadrada a visita ao Olivo Arena, onde agarda o Jaén Paraíso Interior FS. Por último ata o momento nesta lista de horarios coñecidos, o compromiso con Osasuna Magna no Agustín Mourís, a disputarse o sábado 14 ás 16:30h pola xornada 22.
Cando podo conseguir entradas para os partidos no Mourís?
Unha semana antes de cada partido na casa habilitarase a venda de entradas online en noiafs.compralaentrada.com/eventos. Tamén poderás facerte coa túa entrada no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) de luns a venres, excepto festivos, no horario especificado en redes sociais.











Comments