Así será o tramo decisivo do campionato | Horarios das xornadas 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29 e 30
- Departamento prensa Noia PA FS

- 45 minutes ago
- 2 min read

A RFEF anunciou os últimos horarios do campionato ligueiro de Primeira División FS 2025/2026, é dicir, os correspondentes ás xornadas 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29 e 30.
O sábado 28 de marzo ás 19:30h, á volta do parón pola Copa de España FS, os noieses visitarán a un dos seus participantes, o Viña Albali Valdepeñas, pola xornada 23. Os brancos volverán a xogar fóra da casa sete días despois, o sábado 4 de abril ás 17:00h, na pista do Barça.
Tras dous encontros seguidos a domicilio, virán dous no Mourís. O sábado 18 ás 16:30h, duelo co Family Cash Alzira FS pola xornada 25. O seguinte será un adiantado, o da xornada 29. O Portus Apostoli recibirá ao Illes Balears Palma Futsal, nun partido modificado da súa data orixinal -9 ou 10 de maio- pola posible disputa da Final Four da UEFA Futsal Champions League por parte dos baleares.
O sábado 25 ás 13:00h e con emisión a través das cámaras de Teledeporte, o cadro noiés visitará ao Córdoba Patrimonio de la Humanidad na 26ª data. Tres días máis tarde, último partido entre semana do curso, o martes 28 ás 20:00h na casa fronte ao Quesos El Hidalgo Manzanares FS.
Os dous compromisos definitivos da Primeira División FS xogaranse lonxe do fortín noiés. Empezando polo derbi galego ante O Parrulo Ferrol FS o sábado 2 de maio ás 20:30h e terminando polo xa ‘tradicional’ peche ligueiro na cancha do Movistar Inter FS, marcado para o sábado 16 ás 18:30h.
Como podo vivir os partidos no Agustín Mourís?
Aínda estás a tempo de vivir este tramo final de temporada! Aproveita a promoción de abono de media temporada, con prezos reducidos para facerte co teu asento de aquí ata que finalice o curso e poder gozar así do mellor fútbol sala de elite e do espectacular ambiente do Agustín Mourís.
Se non te abonas: unha semana antes de cada partido na casa habilitarase a venda de entradas online en noiafs.compralaentrada.com/eventos. Tamén poderás facerte coa túa entrada no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) os luns, mércores e venres de 19:00h a 20:00h, excepto festivos.












Comments