HORARIOS e VENDA DE ENTRADAS | IX Trofeo Portus Apostoli
- 5 minutes ago
- 2 min read

Xa están á venda as entradas para o IX Trofeo Portus Apostoli FS, que se disputará entre o venres 21 e o sábado 22 de agosto no Municipal Agustín Mourís coa participación de Noia Portus Apostoli FS, O Parrulo Ferrol FS, Illes Balears Palma Futsal e a Selección Nacional de Indonesia.
HORARIOS
·Venres 21 de agosto
-O Parrulo Ferrol FS vs Illes Balears Palma Futsal · 18:15h
-Noia Portus Apostoli FS vs Selección Nacional de Indonesia · 20:45h
·Sábado 22 de agosto
-Terceiro e cuarto posto · 18:15h
-Final · 20:45h
En caso de empate ao finalizar os 40 minutos regulamentarios, disputarase unha quenda de penaltis para decidir ao equipo gañador.
PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS
As entradas do IX Trofeo Portus Apostoli están dispoñibles en dúas modalidades distintas: entrada de partido e pack diario. Por outra parte, o Club lembra que, tal e como está reflectido nas bases e condicións da campaña de abonados, o abono da temporada 2026/2027 NON inclúe o IX Trofeo Portus Apostoli, a excepción dos Sentimento.
·ABONADOS SENTIMENTO
GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.
Lembramos a todos os abonados Sentimento que non vaian a asistir a posibilidade da cesión do seu asento a disposición do Club. O procedemento pódese levar a cabo tanto na plataforma online noiafs.compralaentrada.com, no apartado “liberar o meu asento”, como no Local Social do Club (rúa Carcasía, 7. Noia) no seu horario de apertura, luns, mércores e venres en horario de 12:00h a 13:00h.
·ENTRADA DE PARTIDO
-XERAL (+16 anos): 10€
-MOZO (-16 anos): 5€
·ENTRADA PACK DIARIO (inclúe os dous partidos do día)
-XERAL (+16 anos): 15€
-MOZO (-16 anos): 8€
Ao momento da entrada ao Municipal, revisarase a idade de todas as persoas que acudan cunha entrada MOZO (-16 anos).
Prégase aos asistentes ao IX Trofeo Portus Apostoli a abandonar o pavillón entre cada partido de ambos días para o correcto desenvolvemento do rexistro de entradas.
COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?
·As entradas están á venda na plataforma noiafs.compralaentrada.com/eventos.

·Tamén podes facerte coa túa entrada no Local Social del Club (rúa Carcasía, 7. Noia), os luns, mércores e venres en horario de 12:00h a 13:00h.
·Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, o venres e o sábado poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís.





Comments