O santiagués despídese do club tras dúas temporadas formando parte do corpo técnico do primeiro equipo.
Samuel Tojo deixa de pertencer á disciplina do Noia Portus Apostoli FS, despois de dous cursos sendo membro do corpo técnico do primeiro plantel branco.
Tras unha primeira experiencia como xogador, Tojo foi nesta segunda etapa no club unha peza importante no banco e no día a día do primeiro equipo noiés, contribuíndo desde o seu apartado a lograr o histórico ascenso a Primeira División e a realizar un debut extraordinario na elite, culminado coa disputa do PlayOff polo título.
Desde o club agradéceselle os servizos prestados durante estas dúas temporadas e deséxaselle a maior das sortes tanto no terreo persoal como no profesional.
Comments