Os asistentes ao encontro entre noieses e ferrolanos, este venres 17 ás 12:30h, poderán gozar dunha polbeira e ambientación musical.
A experiencia da final da XXXII Copa Galicia masculina (venres 17 de maio, 12:30h) irá máis aló do que pase no 40x20. Nas inmediacións do Municipal Agustín Mourís habilitarase unha “Fan Zone”, consistente nunha polbeira e ambientación musical, para redondear un día no que Noia volverá a fixar as miradas do fútbol sala galego, no duelo polo título autonómico entre o Portus Apostoli e O Parrulo Ferrol FS.
Ningún plan mellor que gozar, xusto despois do partidazo polo trono galego, dun dos mellores produtos que ofertan as nosas rías, ademais nunha xornada sinalada no calendario como o é o Día das Letras Galegas.
Comments