RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Despedida definitiva das Ligas e máis de Copas!
- 4 days ago
- 2 min read

Luns, 11/05/2026 · 13:59h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS pechou unha nova fin de semana de competición, que entra no seu tramo final, con estes resultados!
XUVENIL 3-1 A Estrada Futsal
X5 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 2 | SÁB. 09/05 | 11:30h
O Xuvenil de Julio Moreno selou o seu pase á seguinte rolda copeira, despois de superar por 3-1 ao A Estrada Futsal no duelo directo pola primeira praza do Grupo 2 da Copa Primeira Futgal FS. Os tantos foron obra de Adrián Yáñez, Izan Piñeiro e Gabriel Cutrin. Así, son 9 puntos desde o primeiro posto de grupo.
INFANTIL 1-7 SD O Pino
X22 Primeira Futgal FS | VEN. 08/05 | 19:00h
O Infantil pecha a Liga de Primeira Futgal FS en 9ª posición con 12 unidades, despois da derrota por 1-7 contra o SD O Pino. O gol noiés conseguiuno Hugo González.
INFANTIL 1-6 SD O Pino
Primeira Futgal FS - Copa Fase Previa | DOM. 10/05 | 11:30h
Na reválida copeira, o Infantil tampouco puido co SD O Pino, que logrou o pase de rolda ao gañar por 1-6 aos nosos, cuxo gol anotouno Rodrigo Lamiño.

ALEVÍN 15-1 A Estrada Futsal
X6 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 5 | DOM. 10/05 | 12:45h
O Alevín sumou a vitoria na visita do A Estrada Futsal pola 6ª xornada do Grupo 5 da Copa de Primeira Futgal FS, que lle fai pasar de fase como 1º de grupo con 9 puntos. Os tantos do partido, a cargo de Lois Calviño x2, Luca Santiago x4, Eduardo Barreiro x5, Teo Louro, Leo Laíño x2 e Emma Túñez.

BENX. "A" 0-9 Victoria FC
X5 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 1 | DOM. 10/05 | 10:30h
O Benxamín "A" perdeu no seu partido contra o Victoria FC da penúltima xornada de grupos copeira. A falta dun encontro, os nosos sitúanse 4º sen puntos.
AD Codima 8-2 BENX. "B"
X5 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 2 | SÁB. 09/05 | 17:15h
O Benxamín "B" caeu na súa visita ao AD Codima por 8-2, en choque correspondente á quinta xornada do Grupo 2 da Copa Primeira Futgal FS. As dianas noiesas metéronas Bruno Veiga e Eduardo Barreiro. Quedan os nosos 3º con 6 puntos a falta dun partido.
Club Melide FS 2-0 PREBENX.
X5 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 1 | DOM. 10/05 | 19:15h
O Prebenxamín cedeu por 2-0 contra o Club Melide FS na quinta e penúltima xornada do Grupo 1 da Copa Primeira Futgal FS. Os nosos son 2º de grupo con 1 punto.





Comments