top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Os marcadores previos ao parón de Semana Santa!

  • 2 days ago
  • 2 min read

Mércores, 01/04/2026 · 14:11h · Imaxe: Alejandro Lorenzo


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS descansa estes días por Semana Santa, pero antes repasamos os seus últimos marcadores antes do parón!



XUVENIL 6-4 CD Laca
X10 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 1ª Div. | DOM. 29/03 | 13:00h

O Xuvenil de Julio Moreno logrou unha gran vitoria contra o CD Laca por 6-4 e remata esta fase regular ligueira en 1ª posición con 16 puntos. Os goles neste enfrontamento metéronos Adrián Yáñez, Gabriel Cutrin x2, Bosco Cameán, Mateo Castro e en propia portería.



CADETE 0-13 O Parrulo Ferrol FS "A"
X26 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 29/03 | 18:30h

O Cadete de Pablo Cardoso pechou o campionato cedendo contra o O Parrulo Ferrol FS "A" na casa. Así, os nosos finalizan o curso ligueiro en 13ª posición con 9 puntos.



INFANTIL 3-3 O Parrulo Ferrol FS "A"
X26 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 29/03 | 17:00h

O Infantil de Iván Fernández acabou a Liga cun empate 3-3 fronte ao O Parrulo Ferrol FS "A". Goles de Manuel Fernández x2 e Hugo Tuñas. O posto final, 12º con 17 puntos.



INFANTIL 4-5 AD Codima "B"
X18 Primeira Futgal FS | DOM. 29/03 | 10:30h

O Infantil caeu pola mínima 4-5 contra o AD Codima "B" na 18ª xornada ligueira. Conseguiron os goles locais Rodrigo Lamiño, Hugo Horta e Hugo González x2. Os nosos son 9º con 9 puntos na táboa.



Jogafan Ordes FS "B" 13-1 BENX. "A"
X1 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 1 | SÁB. 28/03 | 10:30h

O Benxamín "A" debutou na Copa perdendo na súa visita ao Jogafan Ordes FS "B". Anotou o tanto branco Héctor Pedrosa, e o equipo é 4º sen puntos na clasificación.



BENX. "B" 2-3 Jogafan Ordes FS
X1 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 2 | DOM. 29/03 | 12:00h

O Benxamín "B" empezou o seu periplo no Grupo 2 da Copa de Primeira Futgal FS cunha derrota por 2-3 ante o Jogafan Ordes FS. Os goles noieses foron de Bruno Veiga e Simón Rodríguez. Na táboa, 3º posto sen puntos.

Comments


bottom of page