RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así se decidiu a xornada!
- 44 minutes ago
- 2 min read

Martes, 26/05/2026 · 12:28h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Os equipos da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS afrontaron unha xornada importante, que se resolveu cos seguintes resultados!
XUVENIL 2-3 Concello de Begonte FS
Fase de ascenso Primeira Futgal FS -Semifinal | VEN. 22/05 | 21:30h
O Xuvenil de Julio Moreno quedou a un paso da final polo ascenso. Os brancos caeron na semifinal por 2-3 fronte ao Concello de Begonte FS, anotando os tantos Mateo Castro e Bruno Regos.
Club Melide FS "B" 1-2 ALEVÍN
Primeira Futgal FS - Copa Cuartos de final | LUN. 25/05 | 19:15h
O Alevín clasificou á semifinal da Copa de Primeira Futgal FS ao superar por 1-2 ao Club Melide FS "B", grazas aos goles de Luca Santiago e Anxo Priegue.
Victoria FC "B" 9-4 BENX. "A"
X6 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 1 | DOM. 24/05 | 13:00h
O Benxamín "A" concluíu a fase de grupos copeira en 4º lugar sen puntos, despois de perder por 9-4 fronte ao Victoria FC "B". Os seus tantos, obra de Alexander Santos x3 e Mateo Alcalde.
BENX. "B" 3-2 Alto do Vento FS "B"
X6 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 2 | DOM. 24/05 | 18:00h
O Benxamín "B" gañou no seu enfrontamento co Alto do Vento FS "B" por 3-2, no que supoñía o peche á fase de grupos da Copa Primeira Futgal FS, e estará na fase eliminatoria ao finalizar 2º con 9 puntos. As dianas brancas, de Álex Oviedo e Simón Rodríguez x2.
PREBENX. 1-1 Jogafan Ordes FS
X6 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 1 | SÁB. 23/05 | 11:30h
O Prebenxamín rematou a fase de grupos copeira con empate por 1-1 ante o Jogafan Ordes FS. Desta maneira, os noieses finalizan 2º de grupo con 2 puntos e avanzan á rolda de cuartos de final.





Comments