top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Copa para todos!

  • 1 day ago
  • 2 min read

Xoves, 07/05/2026 · 19:17h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS debuxa un amplo calendario esta fin de semana, co avance das competicións copeiras!



XUVENIL vs A Estrada Futsal
X5 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 2 | SÁB. 09/05 | 11:30h

O Xuvenil de Julio Moreno recibe no Mourís ao A Estrada Futsal este sábado 9 ás 11:30h, en partido da quinta data do Grupo 2 da Copa Primeira Futgal FS.



INFANTIL vs SD O Pino
X22 Primeira Futgal FS | VIE. 08/05 | 19:00h

O Infantil remata a Liga de Primeira Futgal FS este venres 8 ás 19:00h, enfrontándose no Pavillón de Bergondo ao SD O Pino.



INFANTIL vs SD O Pino
Primeira Futgal FS - Copa Fase Previa | DOM. 10/05 | 11:30h

Dobre compromiso para o Infantil, que o domingo 10 ás 11:30h disputa o encontro da fase previa de Copa, tamén ante o SD O Pino no Municipal Agustín Mourís.



ALEVÍN vs A Estrada Futsal
X6 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 5 | DOM. 10/05 | 12:45h

O Alevín xoga na casa contra o A Estrada Futsal este domingo 10 ás 12:45h pola 6ª xornada do Grupo 5 da Copa de Primeira Futgal FS.



BENX. "A" vs Victoria FC
X5 Primera Futgal FS - Copa Gr. 1 | DOM. 10/05 | 10:30h

O Benxamín "A" afronta o seu partido da quinta xornada do Grupo 1 copeiro este domingo 10 ás 10:30h, recibindo ao Victoria FC no Municipal Agustín Mourís.



AD Codima vs BENX. "B"
X5 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 2 | SÁB. 09/05 | 17:15h

O Benxamín "B" desprázase este sábado 9 ás 17:15h ao Municipal Quiroga Palacios santiagués, onde se verá as caras co AD Codima, en partido da quinta xornada do Grupo 2 da Copa Primeira Futgal FS.



Club Melide FS vs PREBENX.
X5 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 1 | DOM. 10/05 | 19:15h

O Prebenxamín xogará en Melide o domingo 10 ás 19:15h fronte ao Club Melide FS, en choque da quinta xornada do Grupo 1 da Copa Primeira Futgal FS.

Comments


bottom of page