HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | En xogo o pase a unha final!
- Jun 5
- 1 min read

Venres, 05/06/2026 · 15:51h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Unha semifinal na axenda da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS nesta primeira fin de semana de xuño!
XUVENIL vs CD CompoSala "B"
Primeira Futgal FS - Copa Semifinal | SÁB. 06/06 | 11:30h
O Xuvenil de Julio Moreno busca meterse na gran final da Copa Primeira Futgal FS. Os nosos enfrontaranse, o sábado 6 a partir das 11:30h, ao CD CompoSala "B" no Municipal Agustín Mourís pola semifinal do torneo copeiro.





Comments