HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Todo fases eliminatorias!
- 9 hours ago
- 1 min read

Venres, 29/05/2026 · 12:51h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS afronta unha fin de semana de eliminatorias copeiras!
XUVENIL vs Jogafan Ordes FS
Primeira Futgal FS - Copa Cuartos de final | DOM. 31/05 | 12:00h
O Xuvenil de Julio Moreno volve a activar o modo Copa, enfrontándose nos cuartos de final ao Jogafan Ordes FS este domingo 31 ás 12:00h no Municipal Agustín Mourís.
Jogafan Ordes FS vs ALEVÍN
Primeira Futgal FS - Copa Semifinal | MAR. 02/06 | 18:00h
O Alevín xógase ante o Jogafan Ordes FS este martes 2 de xuño ás 18:00h no Pavillón Castelao II un posto na final da Copa de Primeira Futgal FS.
Victoria FC vs PREBENX.
Primeira Futgal FS - Copa Cuartos de final | DOM. 31/05 | 13:00h
O Prebenxamín adéntrase na rolda de cuartos de final da Copa este domingo 31 ás 13:00h, cando se verá as caras co Victoria FC no Municipal Quiroga Palacios santiagués.





Comments