HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Varias cousas en xogo!
- 20 hours ago
- 2 min read

Xoves, 21/05/2026 · 18:40h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS ten por diante unha fin de semana importante, con partidos que poden decidir moitas cousas!
XUVENIL vs Concello de Begonte FS
Fase de ascenso Primeira Futgal FS -Semifinal | VEN. 22/05 | 21:30h
O Xuvenil de Julio Moreno comeza a xogarse o ascenso. Os brancos reciben no Municipal Agustín Mourís ao Concello de Begonte FS este venres 21 ás 21:30h no choque da rolda a partido único de semifinais.
Club Melide FS "B" vs ALEVÍN
Primeira Futgal FS - Copa Cuartos de final | LUN. 25/05 | 19:15h
O Alevín vese as caras co Club Melide FS "B" este luns 25 ás 19:15h no Municipal de Melide por un posto na semifinal da Copa de Primeira Futgal FS.
Victoria FC "B" vs BENX. "A"
X6 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 1 | DOM. 24/05 | 13:00h
O Benxamín "A" finaliza a fase de grupos da Copa visitando ao Victoria FC "B" no Municipal Apóstol Santiago este domingo 24 ás 13:00h.
BENX. "B" vs Alto do Vento FS "B"
X6 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 2 | DOM. 24/05 | 18:00h
O Benxamín "B" enfróntase na casa ao Alto do Vento FS "B" o domingo 24 ás 18:00h, no que supoñerá tamén o peche á fase de grupos da Copa Primeira Futgal FS.
PREBENX. vs Jogafan Ordes FS
X6 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 1 | SÁB. 23/05 | 11:30h
O Prebenxamín, outro que termina a fase de grupos de Copa. Farao no Mourís, onde xogará o sábado 23 ás 11:30h contra o Jogafan Ordes FS.

