top of page

Edu Jabá segue sendo noiés

O á brasileiro cumprirá o seu terceiro ano de cesión no Portus Apostoli.


A zurda de Edu Jabá continuará ao servizo do Noia Portus Apostoli FS. O brasileiro cumprirá a súa terceira temporada vestindo de branco, na que será a segunda do club en Primeira División.

O de Peabirú aterrou en Noia hai dous veráns, procedente do Tubarão Futsal do seu país, e desde entón demostrou a súa gran calidade dentro do terreo de xogo, capaz de decidir partidos e erguer aos afeccionados dos seus asentos. No seu periplo como noiés ata o momento, disputou 71 duelos oficiais, conseguindo 27 goles e 20 asistencias (11 e 7 en Primeira) acadando o trofeo de campión de Segunda División, o conseguinte ascenso a Primeira e dúas Copa Galicia.

Actualmente, atópase recuperándose da lesión ligamentosa do seu xeonllo esquerdo sufrida o pasado sábado 29 de abril, nun lance do partido da xornada 27 de Primeira División contra o Jimbee Cartagena, con vistas de chegar a punto para o comezo desta próxima campaña.

A continuidade de Edu Jabá únese ás de Pirata, Nico Rosa, Douglas, Álex García, as renovacións de Power Raggiati, Altamirano, Lluc e Henrique, ademais das incorporacións de Nico Sarmiento, Matheus Preá, David Pazos, Attos e Rufino.

bottom of page