Sábado, 17/08/2024 · 18:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O recoñecido traumatólogo cumprirá a súa quinta temporada no Club.
O Noia Portus Apostoli FS continuará contando cos prestixiosos servizos do traumatólogo Adrián Gallego Goyanes, especialista en cirurxía ortopédica e traumatoloxía, un curso máis.
Durante as últimas catro temporadas, o doctor Gallego estivo á cabeza do equipo de servizos médicos no proceso de prevención, tratamento e recuperación de lesións dos xogadores noieses, marcando nesta 2024/2025 a quinta consecutiva na que o Club disporá dun dos mellores e máis recoñecidos no seu campo.
Encantados de seguir da man nunha nova campaña esixente e ilusionante, doctor Gallego!
Comments