top of page

Douglas, campión da CONMEBOL Liga Evolución con Brasil

A “Canarinha”, na que tamén estaba presente Henrique, superou a Arxentina, con Power Raggiati, Nico Rosa e Marcos Ferreyra na absoluta, ademais de Bonino na Sub-20, na táboa clasificatoria final.

(foto: CONMEBOL)

Douglas consagrouse esta pasada madrugada campión da CONMEBOL Liga Evolución de fútbol sala, ao igual que o xa ex noiés Henrique, coa selección brasileira. A “verdeamarela” gañou no global á Argentina de Power Raggiati, Nico Rosa e Marcos Ferreyra no seu combinado absoluto, con Bonino presente no da Sub-20, por 7 puntos a 4.


Os equipos absolutos e Sub-20 de ambas seleccións batéronse entre o 1 e o 2 de xuño en Asunción (Paraguai), nun torneo a ida e volta no que o bando que lograra máis puntos unindo os resultados dos seus dous combinados levaríase o título. Na ida, Brasil gañou no Sub-20 (2-6) mentres as absolutas empataron (1-1). O triunfo de Arxentina Sub-20 na volta (2-0) deixaba todo aberto a falta dun partido, no que os brasileiros, que lles valía o empate, gañaron por 2-1 para quedarse o trofeo.


Moitas felicidades a Douglas e, como non, tamén a Henrique! E orgullosos do papel levado a cabo por Power Raggiati, Nico Rosa, Marcos Ferreyra e Bonino!

Comments


bottom of page