top of page

50 partidos oficiais de Douglas co Noia Portus Apostoli FS

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Sep 16
  • 1 min read
Martes, 16/09/2025 · 18:42h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O brasileiro alcanzou o medio centenar no Palacio de los Deportes de Murcia.
Martes, 16/09/2025 · 18:42h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O brasileiro alcanzou o medio centenar no Palacio de los Deportes de Murcia.

Douglas faise cincuentenario co Noia Portus Apostoli FS. O á brasileiro enfundouse por 50ª vez en partido oficial a camiseta do Club noiés o pasado venres en Murcia, uníndose a un selecto grupo de xogadores con esa cifra.


Do actual plantel, só Altamirano e David Pazos disputaron máis encontros coa branca. O de Fortaleza chegou ao Portus Apostoli en primeira instancia en xaneiro de 2023, e, tras unha cesión de medio curso, regresou un ano despois á disciplina. Con estes datos, é tamén o 10º xogador do Noia con máis partidos na Primeira División FS.



Como momentos destacados do seu periplo ata o momento figuran a conquista de tres Copa Galicia FS e unha participación no PlayOff polo título de Liga.

Comments


bottom of page