top of page

David Palmas, á fronte do banco do Noia Portus Apostoli FS ata 2027

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 2 days ago
  • 2 min read

Martes, 10/06/2025 · 14:15h · Imaxe orixinal: Mr Robles/Futsal Corner | Nunha temporada e media como adestrador logrou dúas salvacións en Primeira e dúas Copa Galicia FS.


O proxecto do Noia Portus Apostoli FS 2025/2026 ten un claro patrón. O adestrador David Palmas continuará liderando ao Primeiro Equipo noiés desde o banco ata xuño de 2027.


Despois de catro anos como xogador e pasar como técnico pola Escola Deportiva e o Filial, o Club e David Palmas iniciaron esta etapa en xaneiro de 2024. Polo momento, conseguiron xuntos prolongar a consolidación na elite e o dominio autonómico, con dúas permanencias na Primeira División FS e erguendo dous títulos máis de Copa Galicia FS.


A continuidade do preparador santiagués ao mando del Portus Apostoli supón a colocación da primeira pedra na construción de cara á nova temporada, que afianza as bases dun proxecto no que o Club ten a súa total e máxima confianza.


“Con moitas ganas de seguir traballando para mellorar o que vimos facendo”

Imaxe: Foto Pichero


Moi contentos polo final de temporada, porque se cumpriron os obxectivos, aínda que se puxeron difíciles no mes de decembro”, afirma un David Palmas xa enfocado no futuro, “agora temos este tempo para cargar pilas, recobrar esa ilusión e seguir dándolle continuidade ao proxecto. Con moitas ganas de seguir traballando para mellorar o que vimos facendo”.


Desta temporada e media que acumula como bagaxe de adestrador do Primeiro Equipo, o santiagués destaca a “moitísima aprendizaxe, moitas situacións adversas que saíron cara. De todo iso hai que aprender, non só quedarse cos resultados, para seguir mellorando”.


Botando a vista un pouco máis atrás, será a súa oitava temporada na disciplina do Portus Apostoli, desde que chegara como xogador en xullo de 2018, cando xa puido notar que Noia é “un sitio especial”, onde “me fixeron sentir parte desta familia e pouco a pouco pasaron os anos, primeiro de xogador, despois de coordinador da Escola e adestrador do Filial, agora como adestrador do Primeiro Equipo. Sinto Noia como a miña casa, estou moi feliz”.


E volvendo ao agora, nesta época estival manda a actualidade dos movementos dos planteis. Sobre iso, Palmas quixo “darlle as grazas a todos os xogadores, tanto a Power e Pirata que tiveron as súas despedidas como outros que salirán, por todo o que fixeron polo Club e desexarlles a maior das sortes”. A actividade nese aspecto non fixo máis que empezar, porque desde o Club, como afirma o técnico, “estamos traballando en conseguir os mellores reforzos posibles para conseguir os obxectivos”.


Por último, nunha mensaxe para a afección, volveu a dar “as grazas polo apoio que nos deron a temporada pasada” e prometeu “traballo, desde xa estamos en confeccionar o plantel o mellor posible. Vamos a dalo todo ata a última gota de suor, como sempre, para que se vexan identificados co Club e o proxecto, que gocen do equipo e seguir da man”, co desexo de “non sufrir tanto como en temporadas pasadas”, algo que se asume como “parte do xogo”.



Comments


bottom of page