Domingo, 03/11/2024 · 16:40h | Os noieses concretaron un sufrido triunfo no tramo final do encontro.
O Xuvenil de División de Honra anotouse a quinta vitoria consecutiva, sétima en total, ante un ED Vigo 2015 FS que opuxo moita resistencia e ante o que os noieses se tuveron que empregar a fondo.
De feito, os vigueses lograron adiantarse dúas veces no marcador na primeira metade. En ambas, os de Daniel Ventoso lograron igualar de novo, cos tantos de Mateo Varela e Koeman. Os brancos foron capaces incluso de alcanzar o intermedio en vantaxe, grazas ao gol de Gabriel Cutrin no 18’.
A sentencia fíxose de rogar
Os vigueses non se deron por vencidos, e aos 3 minutos do reinicio empataron o resultado a un 3-3. A partir de aí, os noieses contaron co maior dominio da posesión e as oportunidades, pero tiveron que agardar ata o tramo decisivo para levarse o gato á agua.
No 37’ Mateo Varela empuxou á rede unha gran xogada colectiva, e á súa diana seguíronlle outras dúas, de Koeman e Saúl, que confirmaron unha suada vitoria dun Xuvenil DH noiés que se mantén no coliderado ligueiro con 21 puntos de 24 posibles.
Próximo partido
Os noieses recibirán ao Redondela FS Rodavigo o sábado 9 ás 12:30h.
Ficha técnica
ED Vigo 2015 FS: Pablo Grande (p), Pedro Saborido, Elías Prado, José Ángel Jiménez e Lucas Botana. Tamén xogaron Iker Martínez (p), Xian Garrido, Jaime Fidalgo, Nicolás Seijas, Iker Ninahuaman e Ángel Barrul.
Noia Portus Apostoli FS: Lucas (p), César, Gabriel Cutrin, Koeman e Xavi Souto. Tamén xogaron Sito (c), Mateo Varela, Miguel Romero, Saúl, Hugo Veiga e Danito.
Goles: 1-0 Elías Prado (5’), 1-1 Mateo Varela (6’), 2-1 Nicolás Seijas (7’), 2-2 Koeman (9’), 2-3 Gabriel Cutrin (18’), 3-3 Elías Prado (23’), 3-4 Mateo Varela (37’), 3-5 Koeman (38’), 3-6 Saúl (39’).
Os colexiados Adrián Buján Barciela e Brais Comesaña Álvarez amoestaron con cartón amarelo nos vigueses a José Ángel Jiménez (18’) e nos noieses a Mateo Varela (32’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 8 da Liga Xuvenil División de Honra FS, disputado no Pavillón da Universidade de Vigo.
Commentaires