top of page

CRÓNICA X8 PRIMEIRA DIVISIÓN FS (NPA 1–2 PEÑ) | Vaise das mans

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 6 hours ago
  • 3 min read
Sábado, 01/11/2025 · 23:30h · Imaxe: Foto Pichero | O Portus Apostoli cedeu no seu partido da oitava xornada ligueira, carecendo de puntería e lamentando certas accións.
Sábado, 01/11/2025 · 23:30h · Imaxe: Foto Pichero | O Portus Apostoli cedeu no seu partido da oitava xornada ligueira, carecendo de puntería e lamentando certas accións.

Derrota do Noia Portus Apostoli FS na visita ao Agustín Mourís do Servigroup Peñíscola, que soubo sacar proveito do seu momento e aguantar as embestidas nunha segunda metade onde os noieses mereceron moito máis de varias maneiras.


Non saíu ao partido como querería o Portus Apostoli, incómodo en boa parte do primeiro acto. Os peñiscolanos, sobre todo a través das incorporacións do seu meta Gus, lograban facer dano á defensa branca, que atopaba no seu porteiro Schütt o mellor suxeito para manterse imbatidos.


Ismael empatou antes do descanso | Imaxe: Foto Pichero
Ismael empatou antes do descanso | Imaxe: Foto Pichero

A igualdade no marcador mantívose ata o 16’, cando Elías fixo o 0-1 nun lanzamento de falta. Precisamente as faltas foron protagonistas, con ambos equipos alcanzando o bonus. E da sexta do Peñíscola naceu o tanto do empate noiés. Iso si, non no disparo de dez metros, senon na xogada posterior, rematada á rede por Ismael, quen marrara o tiro.


Cousas varias


Diego Sancho volveu a adiantar aos azuis aos dous minutos do reinicio, e a partir de aí o mando foi todo do Noia. Xusto a continuación do gol, David Pazos estrelou un disparo á madeira. A perna de Gus negou a Macedo nunha gran acción individual do luso. Schütt, que sacou dúas paradas de mérito nun dos poucos achegamentos dos peñiscolanos na segunda parte, xeraba nas súas aproximacións ao ataque. Como tamén Altamirano e Thierry partindo desde banda, outros que se aproximaron ao gol en sendas intentonas.


De feito, o Portus Apostoli anotou o empate a dous. Nunha melé próxima á liña de gol entre Leozin e varios contrarios, o balón acabou entrando. Invalidárono os colexiados co Soporte de Vídeo, pedido polo cadro visitante, aludindo desprazamento da portería por parte do pivote noiés.


Os últimos catro minutos xogounos o Noia de cinco, con Thierry como porteiro-xogador. A superioridade numérica deixou o tiro ao pau de Ismael e, sobre todo, dúas mans moi protestadas polo Municipal Agustín Mourís non sinaladas polos árbitros, unha delas dentro da área e outra que significaría a sexta falta e dez metros para os noieses.


Moita presenza do Soporte de Vídeo | Imaxe: Foto Pichero
Moita presenza do Soporte de Vídeo | Imaxe: Foto Pichero

Mirar cara adiante e controlar o que está da súa man é o que lle queda ao Portus Apostoli, que pecha de controversial maneira unha formidable racha de invicto como local con ganas de iniciar outra no seu seguinte encontro.


Próximo partido


En 14 días, os noieses recibirán ao Movistar Inter FS pola 10ª xornada ligueira o sábado 15 ás 17:00h.



Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS: Schütt (p), Churrasco, Rubi, David Pazos (c) e Biel. Tamén xogaron Montero, Altamirano, Leozin, Macedo, Douglas, Thierry e Ismael.


Servigroup Peñíscola FS: Gus (p), Cristian, Elías (c), Saladié e Diego Sancho. Tamén xogaron Gio (p), Lucas Flores, Juanqui, Juanico, Víctor Pérez, Araya, Pablo Muñoz, Rosental e Diego Quintela.


Goles: 0-1 Elías (16’), 1-1 Ismael (18’), 1-2 Diego Sancho (22’).


Os árbitros Francesc García-Donàs Salvador e Iván López Galiano, do comité catalán, amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a David Pazos (15’) e Thierry (16’). Nos peñiscolanos, amarelas a Juanqui (15’), Diego Sancho (29’) e Saladié (37’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 8 da Primeira División FS, disputado no Municipal Agustín Mourís ante uns 700 espectadores.

Comments


bottom of page