CRÓNICA X6 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (COR 6-2 NPA “B”) | Freo á xeira
- Departamento prensa Noia PA FS

- Oct 20
- 2 min read

A xeira de vitorias consecutivas do Filial finalizou en catro, despois de que os de Chipi caeran derrotados en Coruxo o pasado sábado por un resultado de 6-2.
O Portus Apostoli “B” non atopou a súa mellor versión en ningún momento do partido. Aínda así, a primeira metade resolveuse con igualdade, despois de que Oliver Chenel empatara no 14’ o tanto inicial dos locais.
Non foi o día
Porén, na segunda o IES Coruxo FS si logrou afastarse no marcador, e para o 31’ xa mandaba por 4-1. Os filialistas reducirían distancias por medio de, novamente, Oliver Chenel, e a continuación introduciron o porteiro-xogador. O xogo de cinco tampouco desatascou a un equipo branco que encaixou dúas dianas máis no tramo final. Tras esta sexta xornada, os nosos son 4º con 12 puntos na táboa.
Próximo partido
O cadro filialista recibe ao O Esteo FS o sábado 25 a partir das 19:45h, en partido da 7ª xornada ligueira.
Ficha técnica
IES Coruxo FS: Jorge (p), Pedro, Pumu, Alexis e Javi. Tamén xogaron Pablo Calvo, Danichu, Berto, Pablo Lamoso, Martín, Quique e Pablo Rolland.
Noia Portus Apostoli FS “B”: Iván (p), Hugo (c), Koeman, Teo e Oliver Chenel. Tamén xogaron Jaime Pan, Álvaro, Iago López, Cepeda e Nico Cuello.
Goles: 1-0 Berto (7’), 1-1 Oliver Chenel (14’), 2-1 Javi (24’), 3-1 Pedro (30’), 4-1 Martín (31’), 4-2 Oliver Chenel (33’), 5-2 Berto (36’), 6-2 Danichu (39’).
Os árbitros Óscar Luis Gulín Piñeiro e Sergio López Riveiros amoestaron con tarxeta amarela nos locais a Martín (19’) e Pedro (33’). Nos noieses, amarelas a Hugo (19’) e Jaime Pan (20’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 6 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal de Coruxo.











Comments