
Sábado, 16/11/2024 · 23:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Ata en tres ocasións se estrelou contra os paus o Portus Apostoli, que saíu de baleiro do Juan Vizcarro.
Todo volveu a saír cruz para o Noia Portus Apostoli FS. Tres disparos ao pau foron as máis chamativas das ocasións que os noieses, lastrados polas baixas, desperdiciaron no Juan Vizcarro de Peñíscola, deixando sen premio unha sólida actuación e un partido pelexado ata o final, no que os locais acabaron impoñéndose por 2-0, co tanto definitivo nos últimos segundos.
Los blancos saltaron al parqué peñiscolano con las ideas claras, conscientes de la importancia de frenar el torrente ofensivo del rival, más fuerte si cabe en su feudo, y buscando su suerte con mucho protagonismo de las incorporaciones al ataque de Schütt.
Corría o minuto 10 cando, xusto despois dunha das chegadas máis claras do Noia, o Peñíscola aproveitaba na contra para, por medio de Víctor Pérez, abrir a lata do choque. O golpe non foi suficiente para tumbar ao Portus Apostoli, que respondeu con dous bos remates de Matheus Preá e Rufino repelidos por Gus.
Nun novo achegamento noiés a área contraria, Plaza cometía falta sobre Pirata e vía a segunda amarela, o que deixaba cun menos ao su equipo, nas mans dun cuadro galego que insistiría ata o camiño a vestiarios.
Pau tras pau
Os peñiscolanos reiniciaron o encontro arrastrando máis dun minuto e medio de inferioridade numérica, e o Noia quíxollo facer pagar. Porén, o pau foi o gran amigo do equipo local, evitando ata en dúas oportunidades que Pirata lograra o empate. Acto seguido e coa igualdade restaurada, Schütt evitou con dúas detencións de moito mérito que o Peñíscola aumentara vantaxes, no pouco de gran perigo que concedeu a defensa visitante.
Mantivéronse as espadas por todo o alto durante os minutos posteriores, en busca dun gol que dictara o camiño do partido. Puido anotalo Garrincha na máis clara de todo o segundo acto, un un contra un ante Gus no que saíu gañador o meta. Tamén David Pazos, xa con Pirata vestido de porteiro-xogador, pero a madera interpúxose novamente nos plans dos noieses. Nos últimos segundos e sen apenas marxe de manobra, Quintela sentenciou co 2-0, aproveitando que o Portus Apostoli puxera toda a carne no asador.
Pouco máis se lle pode pedir a un equipo que non se deixou nada no tanque, aínda minorizado en efectivos, cun novo debut desde o Filial incluído, o do peche Izan. O bo traballo acabará tendo os seus frutos máis cedo que tarde para un Noia que non parará de buscalos e insistir.
Próximo partido
Este mércores 20 ás 20:30h, os noieses recibirán no Mourís ao Jimbee Cartagena Costa Cálida FS, pola sétima xornada da Primeira División FS.
Ficha técnica
Servigroup Peñíscola FS: Gus (p), Plaza, Pani, Lucas e Juanqui. Tamén xogaron Gauna, Elías (c), Sancho, Quintela e Yeray.
Noia Portus Apostoli FS: Schütt (p), Montero, David Pazos, Diego Fávero e Garrincha. Tamén xogaron Rufino, Attos, Álex García, Pirata (c), Matheus Preá e Izan.
Goles: 1-0 Víctor Pérez (10’), 2-0 Quintela (40’).
Os árbitros Carlos Rodrigo Miguel e Fermín Ángel Sánchez-Molina Tapiador, do comité castelán-manchego, amoestaron nos peñiscolanos con tarxeta amarela a Plaza (15’ e 20’). E nos noieses, amarelas a Rufino (12’), Matheus Preá (29’) e Montero (34’).
Incidencias: partido correspondeente á xornada 6 da Primeira División FS, disputado no Pavillón Juan Vizcarro de Peñíscola ante uns 800 espectadores. Antes de comezar o encuentro, gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas da DANA que sacudiu España, sobre todo a Comunitat Valenciana, unhas semanas atrás.
Comments