top of page

CRÓNICA X4 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (NPA 3-2 5CO) | Emocionante vitoria


Luns, 07/10/2024 · 18:55h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses superaron ao ata a data líder invicto nun partido cheo de tensión.


Bálsamo para o Xuvenil de División de Honra. Os noieses deixan atrás a derrota de Salamanca tras dobregar ao 5 Coruña FS, que chegaba en condición de líder invicto a un Mourís que presenzou un encontro de poder a poder e emoción.


O Xuvenil branco tivo o dominio do balón e a iniciativa desde o comezo, mentres o 5 Coruña FS optaba por unha maior verticalidade. Distintos modus operandi, pero ambos conxuntos gozaron de moitas ocasións no primeiro acto. Porén, un só gol, o anotado por Tomi para os coruñeses no 14’.


Dous minutos decidiron todo


Paso adiante noiés tras a saída de vestiarios en busca do empate, constatado co golazo de Álvaro, fino e efectivo co seu cañón da perna esquerda para superar a estirada do meta rival e igualar o electrónico.


O 1-1 imperou ata que se produciron dous minutos de loucura. Koeman, cazando un balón solto na área, adiantou aos seus no 33’ para delirio dunha entregada afección local. O 5 Coruña FS reaccionou ao instante, co tanto de Tomi apenas uns segundos máis tarde. Co 2-2 aínda fresco, chegou a sexta falta visitante e o conseguinte tiro de dez metros a favor do Portus Apostoli. Errou Koeman ante o porteiro herculino, o mesmo que nada puido facer cando, no rearme da xogada, o propio Koeman fusilou, esta vez con acerto, ás mallas coa zurda.


Os de Daniel Ventoso dispuxeron de claras oportunidades para sentenzar o duelo, en canto o 5 Coruña FS introducira o porteiro-xogador en busca de tentar darlle a volta a un partido que morreu nas botas de Koeman, o autor dun dobrete que otorgou uns tres importantes puntos aos noieses.


Próximo partido


O Xuvenil DH noiés, 2º con 9 puntos, visitará ao Sibuscascoche Ribeira FS esta vindeira fin de semana.


 

Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS: Koke (p), César, Iago López, Álvaro e Brais. Tamén xogaron Sito (c), Koeman, Xavi Souto, Oliver Chenel, Mateo Varela, Gabi, Saúl e Danito.


5 Coruña FS: Sergio (p), Leo, Tomi, Antón (c) e Geri. Tamén xogaron Xoel (p), Anxolín, Rodrigo, Iago, Pallas, Sousa e Hugo.


Goles: 0-1 Tomi (14’), 1-1 Álvaro (25’), 2-1 Koeman (33’), 2-2 Tomi (34’), 3-2 Koeman (35’).


Os colexiados Adrián Lagos Piedras e Alejandro Rodríguez Travieso amoestaron polos noieses con cartón amarelo a Koke (35’). Polos coruñeses, ensinaron amarela a Iago (12’) e o adestrador Diego Pardo (20’ e 30’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 4 da Liga Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.

Comments


bottom of page