CRÓNICA X3 PRIMEIRA DIVISIÓN FS (ELP 4–0 NPA) | Derrota en Murcia antes do parón
- Departamento prensa Noia PA FS
- 2 hours ago
- 2 min read

O Noia Portus Apostoli FS terá que seguir traballando para destapar as vitorias. Os de David Palmas caeron por 4-0 a mans de ElPozo Murcia Costa Cálida FS, que aproveitou as imprecisións visitantes para facer fenda.
Os primeiros compases transcorreron con equilibrio. Incluso, con momentos nos que o Portus Apostoli sentiuse superior, por medio de posesións largas e chegadas que facían intervir a Edu e poñían nerviosa á grada local.

Bos momentos noieses sen recompensa | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A de todo un Palacio de los Deportes de Murcia, a de todo un ElPozo que, aínda que non estea cómodo, sabe aproveitar calquera greta que deixa o rival. Con dous en apenas segundos no 10’ puxo terra de por medio. Primeiro, Rafa Santos recuperando o coiro na presión arriba; despois, Gadeia castigando co seu golpeo un erro na marca.
Boa intención, estéril no marcador
Aos noieses, que estreaban a segunda equipación verde, volveulles a custar reaccionar aos golpes sufridos. Niso estaban cando, aos 6 minutos do reinicio, Álex García penalizaba un mal pase do Portus Apostoli en construción.
A vontade e a intensidade estaban, pero o Noia non lograba atoparse de todo. Tampouco foi quen de bater as mallas locais, sempre ben gardadas por Edu. Enfundouse Biel nos últimos minutos a camiseta de porteiro-xogador, táctica que deixou accións positivas, aínda que o único gol convertiuno ElPozo nun roubo, grazas a Marcel, asinando o definitivo 4-0.
Próximo partido
O cadro de David Palmas descansa a actividade competitiva durante 15 días, por motivo do parón de seleccións. O seguinte é o sábado 27 de setembro ás 18:00h, coa visita do Viña Albali Valdepeñas pola 4ª xornada ligueira.
Ficha técnica
ElPozo Murcia Costa Cálida FS: Edu (p), Gadeia, Ricardo, David Álvarez e Rafa Santos. Tamén xogaron Álex García, Ricardinho, Marcel (c), Rivera, Ligeiro, Bebe e Dener.
Noia Portus Apostoli FS: Schütt (p), Churrasco, Macedo, Douglas e Biel. Tamén xogaron Altamirano (c), Varsalona, Leozin, Diego, Thierry e Ismael.
Goles: 1-0 Rafa Santos (10’), 2-0 Gadeia (10’), 3-0 Álex García (26’), 4-0 Marcel (38’).
Os árbitros Diego Corredor Corredor, do comité andaluz, e Ricardo García-Carpintero López, do comité castelán-manchego, amoestaron con tarxeta amarela nos murcianos a Rivera (19’), Ricardinho (30’) e Bebe (32’). Nos noieses, amarelas a Schütt (12’), Thierry (29’) e Douglas (31’).
Incidencias: partido correspondiente á xornada 3 da Primeira División FS, disputado no Palacio de los Deportes de Murcia ante uns 1.100 espectadores.
Comments