top of page

CRÓNICA X30 (SCO 6–1 NPA) | Derrota en Santa Coloma para pechar a fase regular

A única nota positiva foron os debuts en Primeira División de Pablo e Pau, xogadores do filial.
O Noia Portus Apostoli FS conclúe 8º con 38 puntos no campionato; nos cuartos de final do PlayOff, agarda o Mallorca Palma Futsal.
Pau executa un pase durante o partido (foto: Manuel Lorenzo)

Cunha contundente derrota saldouse o último partido de Liga regular para un Noia Portus Apostoli que, xogándose nada a termos clasificatorios, demostrou ter máis a mente posta en minimizar riscos, economizar esforzos e en coñecer rival para o PlayOff que no Pavelló Nou. O rival nos cuartos de final da fase polo título será o Mallorca Palma Futsal, campión de Europa y deste primeiro apartado do torneo doméstico.


Ata o minuto 15 non se abreu o marcador dun partido que transcorría coa novidade do debut de Pablo baixo paus noieses. O chapeleiro, que completou unha sólida actuación, non puido evitar, tras deter o primeiro intento de Víctor Ramos, que Cardona colocara o 1-0. Fixo máis sangue na recta final do primeiro tempo o cadro catalán grazas á acumulación de faltas visitantes, coas que chegaron dous tiros de dez metros. O primeiro converteuno David Álvarez, no día da súa despedida do club, o segundo paroullo Henrique, pero si acertou no rexeite.


Probou Marlon Velasco á saída de vestiarios co xogo de cinco. Aí constatouse que non era o día, con Borja freando dúas grandes oportunidades do Noia e os seus compañeiros aproveitando para poñer o 5-0 con tantos de Khalid e Rufino. Nesa segunda metade puidemos ver máis doutro debut desde o filial, no caso do á Pau, que pouco a pouco foi gañando confianza sobre o parqué de Santa Coloma, protagonizando algunha xogada positiva. Xa no último minuto, Cardona fixo o sexto dos locais, contrarrestado polo tanto de Bruno Gomes, que só tivo que empuxar o coiro a pracer tras o pase de Douglas.


Borrón e conta nueva. Despois dunha fase regular histórica, achégase todo un reto de aúpa por diante. O mércores 24 en Son Moix, comezarán os PlayOff polo título de Primeira División para o Noia Portus Apostoli FS. O sábado 27, será turno do Agustín Mourís, que, máis alá do resultado que se dea, poderá vivir e gozar doutro fito para o club e a vila.


 

Ficha técnica


Industrias Santa Coloma: Borja (p), Nil Closas, Corso, David Álvarez (c) e Cardona. Tamén xogaron Caruntu (p), Povill, Uri Santos, David Peña, Rufino, Khalid, Víctor Ramos, Lacambra e Niel·lo.


Noia Portus Apostoli FS: Pablo (p), Power Raggiati, Nejc Hozjan, Álex García e Pirata. Tamén xogaron Henrique (p), Lluc (c), Bruno Gomes, Douglas, Nico Rosa, Pau, Alisson, Machado e Marcelo.


Goles: 1-0 Cardona (15’), 2-0 David Álvarez, de tiro de dez metros (18’), 3-0 David Álvarez (3-0), 4-0 Khalid (26’), 5-0 Rufino (27’), 6-0 Cardona (39’), 6-1 Bruno Gomes (40’).


Os colexiados madrileños Héctor Mayo López y Carlos Panadero Díaz-Concha amoestaron con amarela polos locais a Khalid (8’), Niel·lo (20’) e David Peña (36’). E polos visitantes, viron a amarela Lluc (8’), Nico Rosa (11’) e Bruno Gomes (27’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 30 da Primeira División, disputado no Pavelló Nou de Santa Coloma ante uns 1.000 espectadores.

Commentaires


bottom of page