O conxunto branco consegue o seu terceiro triunfo consecutivo e continúa á alza na pelexa pola salvación.
A próxima semana, visita a Manzanares o sábado 27 ás 18:00h.
A xeira do Noia Portus Apostoli FS prosegue unha semana máis. Os brancos lograron a súa terceira vitoria consecutiva, que lles permite chegar aos 27 puntos e ver a permanencia un pouquiño máis preto, ante un Industrias Santa Coloma que fixo sufrir ata o último segundo.
O altísimo ritmo e intensidade marcaron un primeiro tiempo que, a ratos, se definiu por chegadas continuas de ambos, pero no que se acabou impoñendo, en canto ao xogo, o Portus Apostoli. E iso que tivo que reaccionar ao gol temperán de Industrias Santa Coloma, obra dun Nil que aplicou no segundo pau a ley do ex. Cun zambombazo, David Pazos repuxo a igualada no 7’.
A temperatura era elevada, non só nos mercurios, senón tamén na pista, onde ambas escadras terminaron acumulando cinco faltas. O primeiro en chegar ao bonus foi Industrias, que de feito fixo a sexta e concedeu a Pirata a oportunidade de darlle a volta ao electrónico desde o punto de dez metros, pero saíu Borja Puerta ao rescate para negarlle o tanto.
Nada puido facer o meta catalán, xa na segunda parte, na diana de Edu Jabá. Sobre o brasileiro, no seu partido 100 oficial coa camiseta noiesa, rebotou a porta baleira un disparo rexeitado de Machado que supuxo o 2-1 no 22’. O Noia, empuxado por unha afección entregada de cabo a rabo, quixo ir a por máis, e tivo que agardar ata o 35’ para conseguir o buscado terceiro gol, ou, mellor dito, golazo. Obra de Lluc, grazas a un disparo coa zurda que se introduciu na mesmísima escadra, imposible para o porteiro rival.
Poucos segundos despois, David Pazos desatou a loucura ao aproveitar un erro de Borja Puerta e conseguir o 4-1 a pracer. Nin moito menos se ía a render Industrias, inmerso na disputa do PlayOff e un dos mellores equipos no xogo de cinco, co que fixo moito dano nos últimos e largos tres minutos. Os tantos de David Peña e Tolrà propiciaron uns 60 segundos finais non aptos para corazóns sensibles. Pantasmas de ocasións pasadas puideron aparecer sobre as mentes dos galegos, pero a coraxe e a fe dun grupo e unha afección totalmente unidos foron a resistencia suficiente para evitar o empate visitante.
Outra gran vitoria do Portus Apostoli, e xa van 3 seguidas. Por diante, outros 3 partidos nos que tocará seguir remando coa mesma fuerza e ambición para continuar sellando unha salvación cada vez máis disputada, cos triunfos de Real Betis Futsal e ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra FS tamén nesta xornada. O próximo compromiso, de aquí en 7 días na pista do Quesos Hidalgo Manzanares FS ás 18:00h.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS: Henrique (p), Machado, Edu Jabá, Pirata e Matheus Preá. Tamén xogaron Power Raggiati, Lluc (c), David Pazos, Rufino, Nico Rosa e Pola.
Industrias Santa Coloma: Borja Puerta (p), Corso (c), Verdejo, Cardona e Povill. Tamén xogaron Lluch (p), Marc Tolrà, David Peña, Víctor Ramos, Nil e Niel·lo.
Goles: 0-1 Nil (4’), 1-1 David Pazos (7’), 2-1 Edu Jabá (22’), 3-1 Lluc (35’), 4-1 David Pazos (36’), 4-2 David Peña (37’), 4-3 Tolrà (39’).
Os colexiados do comité madrileño Luis Manuel Manso Martín e Jorge Moreno Durán amoestaron polos noieses con cartón amarelo a Edu Jabá (10’) e Nico Rosa (35’). E polos colomenses, amarelas a David Peña (6’) e Marc Tolrà (32’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 27 da Primeira División FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 600 espectadores.
Comments