top of page

CRÓNICA X23 (NPA 3–3 JPI) | Rozando o triunfo contra o campión de Copa

O Portus Apostoli suma un punto máis na visita do Jaén Paraíso Interior ao Mourís, que vibrou coa actuación dos seus, aos que lles faltou eficacia de cara a porta para levarse os tres.
Con 33 unidades e oitavos na tabla, tras a vitoria do Viña Albali Valdepeñas, quedan os noieses despois de 23 xornadas disputadas.
Machado e Power festexan o gol do 1-1 (foto: Pichero)

O Noia Portus Apostoli FS non puido pasar do empate contra o Jaén Paraíso Interior FS. Unha frase que soa ambiciosa de máis, pero é que os brancos, por empuxe y chegadas sobre o marco rival, demostraron que estiveron a una pinga de maior puntería de lograr a vitoria contra todo un actual campión da Copa de España.


Do duelo de “Henriques” baixo paus ao que máis se viu foi ao de Jaén, quen sacou varias mans para frenar o impetuoso arranque noiés. Nel, e no tanto de César Velasco no 3’ tras un desvío involuntario de Douglas, encontrou razóns para apoiarse o cadro xienense nunha primeira metade de clara cor branca. Machado fixo xustiza co 1-1, empuxando no segundo pau un excepcional servizo de Pirata, ao 7’ de partido.


Dispuxo de varias oportunidades máis o Portus Apostoli, que manexou os tempos e incluso viu como o seu rival, con cinco faltas no seu haber, tivo que recluirse no xogo de cinco para evitar males maiores e deter as intencións locais.


A reanudación comezou mal, cos amarelos adiantándose de novo no marcador. Chino axustizou desde o punto de penalti no 23’, tras cometer anteriormente Edu Jabá a infracción sobre Alan Brandi na área.


Non se ía render un Noia máis forte que nunca no seu feudo, entregado para a ocasión cunha entrada espectacular. Os dous goles de Alisson e Bruno Gomes, este último en superioridade numérica tras a expulsión de Míchel, puxeron aos brancos por diante no partido por primerra vez a nove minutos d final. Porén, duraría pouco a alegría, con Renato igualando de novo no 32’, grazas a un disparo directo de falta.


Con cinco faltas chegaron os dous equipos a un tramo final de encontro no que ningún dos técnicos se atreveu a introducir o porteiro-xogador. Nese contexto de igualdade, os dirixidos por Marlon Velasco estiveron máis cerca de decantar a balanza do seu lado, con numerosos intentos como a volea ao longueiro de Machado ou os dous lanzamentos de Bruno Gomes, un deles a 4 segundos do final, que desviou milagrosamente Henrique Rafagnin, un dos principais causantes de que o Noia non celebrara unha cuarta vitoria consecutiva como local.


A próxima xornada o equipo noiés, oitavo con 33 puntos na clasificación, viaxa a Palma, para a disputa da xornada 24 de Primeira División contra o Mallorca Palma Futsal.


 

Ficha técnica


Noia Portus Apostoli FS: Henrique (p), Marcelo, Douglas, Edu Jabá e Bruno Gomes. Tamén xogaron Power Raggiati, Lluc (c), Altamirano, Pirata, Nico Rosa, Alisson e Machado.


Jaén Paraíso Interior FS: Henrique Rafagnin (p), Attos, Míchel, César Velasco e Alan Brandi (c). Tamén xogaron Wanderson, Chino, Renato, Taborda e Mati Rosa.


Goles: 0-1 César Velasco (3’), 1-1 Machado (7’), 1-2 Chino de penalti (23’), 2-2 Alisson (27’), 3-2 Bruno Gomes (31’), 3-3 Renato (32’).


Os colexiados madrileños Héctor Mayo López e Carlos Panadero Díaz-Concha amoestaron polos locais con cartón amarelo a Lluc (20’), Marcelo (33’) e o preparador físico Adrián González (30’). E polos visitantes, viron a amarela Wanderson (14’) e Míchel (20’ y 31’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 23 da Primeira División, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 750 espectadores.

Comments


bottom of page