CRÓNICA X22 PRIMEIRA DIVISIÓN FS (NPA 4–3 OSA) | Tres puntazos e permanencia virtual!
- 2 hours ago
- 3 min read

Tres puntos que valen unha permanencia virtual. O Noia Portus Apostoli FS supera a Osasuna Magna (4-3) nun duelo de alternativas constantes e, con 31 puntos, sobrepasa a barreira dos 30 de obxectivo do cadro noiés.
A primeira metade transcorreu a través de moito ritmo e electricidade, con efectos no marcador desde moi cedo. Corría o minuto 3 cando Albert Ortas se desfacía de Schütt e abría o marcador. O 0-1 durou un suspiro. O que tardou Ismael en recibir, xirar e cruzar o disparo para reinstaurar o empate.

Táboas no marcador e igualdade na pista, tanto en xogo como en chegadas claras. Biel completou a remontada, pero os colexiados anularon o tanto previa revisión no SV por suposta falta do brasileiro. Tamén a tivo Altamirano, ao que Pachu lle negou practicamente entre paus o 2-1. No outro marco, a réplica, con Schütt aparecendo nalgunha que outra ocasión e Montero evitando o 1-2 sobre a liña. Os navarros toparon, ademais, dúas veces coa madeira.
Nun momento clave, coa cantidad de faltas afogando a ambos equipos e as amarillas aparecendo por doquier, o acerto tívoo o Portus Apostoli. Sumado cun chisco de fortuna. Tras facerse oco cara a zurda, o disparo de Ismael saíu rebotado pola perna de Altamirano á meta de Asier, que nada puido facer para que, agora si, os noieses lle deran a volta ao electrónico.
Sacándoo como equipo
O descanso non cambiou o guión do partido. Altamirano puido aumentar diferenzas á saída de vestiarios, nun disparo repelido por Asier. Pero foron os pamploneses os que, esta vez, terían puntería. Apareceu Cuello na área para remachar a gol unha gran acción individual de Pachu por banda dereita e colocar o empate a dous aos cinco minutos do reinicio.
O tanto visitante non desanimou aos noieses, que puxeron en apretos ao meta rival con dúas oportunidades consecutivas de Churrasco e Thierry. Sería a penúltima participación do segundo no partido, xa que a continuación os colexiados ensinaríanlle a segunda amarela por unha falta sobre Dani Saldise, revisada no SV.

Cando peor estaban as cousas, o equipo de David Palmas volveu a demostrar a súa gran fortaleza de equipo e resistiu a inferioridade numérica, apoiado tamén no alento da súa afección. E estimulado por iso, chegou un minuto 32 máxico. Saída en tromba de Douglas, que conectou co xusto incorporado Koeman. O rapaz viu só a Churrasco, que unicamente tivo que empuxala no segundo pau. Era o 3-2, que rapidamente se traduciu no 4-2, co golazo de Douglas. O brasileiro aproveitou o erro visitante en saída de presión e puxo a pelota na mesmísima escadra.
Non lle quedou outra a Osasuna Magna que saír de cinco con Korsun, manobra coa que atopou esperanzas no tanto en propia meta de Montero. Tres minutos de sufrimento, de defensa, de equipo. E capacidad de todo iso sóbralle a este Portus Apostoli que, aínda que co sobresalto do tiro ao pau de Pachu, pechou así o seu noveno triunfo ligueiro da temporada, a permanencia virtual e, de paso, colouse 8º, en postos de PlayOff polo título, con licenza para soñar nas últimas oito xornadas que restan.
Próximo partido
Os brancos abordarán a semifinal da XXXIV Copa Galicia FS este mércores 18, visitando ao Grupo FORMA-T Vilalba FS a partir das 21:30h.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS: Schütt (p), Churrasco, Thierry, Altamirano (c) e Ismael. Tamén xogaron Gui Lima, Montero, Koeman, Biel, Douglas e Rubi.
Osasuna Magna: Asier Llamas (p) (c), Cuello, Korsun, Dani Saldise e Geraghty. Tamén xogaron Ion Cerviño, Pachu, Ortas, Gustavo Marra, Josu Mendive e M. Riveras.
Goles: 0-1 Ortas (3’), 1-1 Ismael (3’), 2-1 Altamirano (17’), 2-2 Cuello (25’), 3-2 Churrasco (32’), 4-2 Douglas (32’), 4-3 Montero (37’).
Os árbitros Alberto Carrión Álvarez, do comité castelán-manchego, e Jesús Almeida León, do comité palmense, amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Biel (7’), Douglas (14’), Montero (15’), Thierry (15’ e 29’), Ismael (29’) e Peixe (33’). Nos pamploneses, amarelas a Cuello (19’) e Pachu (32’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 22 da Primeira División FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 750 espectadores.





Comments