top of page

CRÓNICA X21 (UMA 2–2 NPA) | Un punto máis cerca do obxectivo

O gardameta local Chispi foi o principal causante de que un bo Noia non se levara os tres puntos de Antequera, onde realizou un encontro de moito mérito tanto en ataque como en defensa.
Con este resultado, os noieses chegan ao parón da próxima semana na oitava posición con 29 puntos no seu casilleiro.
Power Raggiati e Barona dispútanse o balón (foto: ISO 100 Photo Press)

Puideron ser tres, puido ser ningún e acabou sendo un. Noia Portus Apostoli FS e BeSoccer CD UMA Antequera repartíronse os puntos no Fernando Argüelles, nun encontro no que os locais suxeitáronse no partidazo do seu porteiro Chispi para empatar ante os de Marlon Velasco, que o intentaron de todas as maneiras, pero terminaron chocando cun muro.


A primeira metade tivo, en gran parte, cor branca. Os noieses impuxeron a súa lei sobre o parqué do Argüelles a base de efectivas combinacións co balón que lles conduciron a contar con numerosas ocasións. Só unha xenialidade de Pirata no minuto 16 desfixo o 0-0 que imperaba no marcador, en boa medida grazas a un inspiradísimo Chispi, quen se encargara ata ese momento de frustrar todas as tentativas visitantes.


Porén, o primeiro período acabou empañado por unha decisión da parella arbitral, que antes xa obviara unha man de Dani Ramos na súa área, máis que cuestionable. Incomprensiblemente, os colexiados concederon a lei da ventaja ao que era unha clara sexta falta antequerana, e tras o erro de Altamirano no remate, acabaron por señalar o tiro de diez metros. Marrou Jabá o lanzamento, e ata se tivo que conformar o Noia co 0-1 con Henrique salvando nos últimos segundos sobre a liña unha ocasión dunha enrabietada UMA.


Pode que por ese enfado, os de Tete saíron cun punto máis de mordente. Puido augar esa reacción o Portus Apostoli, de converter Nico Rosa e Marcelo as súas oportunidades, pero Chispi estaba empeñado en demostrar que era o seu día e, de paso, en manter as seus no choque.


As súas paradas precederon aos dous tantos, de Cobarro e Barona, cos que a UMA lle deu a volta ao marcador entre o 25’ e o 26’. Poucas foron as aproximacións dos universitarios para poñer o 3-1, ao contrario que as que tivo que seguir sufocando durante o resto do encuentro un Chispi que se gañou o MVP do partido con creces. Houbo que sortealo para topar o camiño do empate, con Douglas facendo no 37’ a porta vacía o 2-2 que deixaba as espadas por todo o alto nos minutos finais.


Entrou Pirata como porteiro-xogador inmediatamente despois do gol, en busca dun terceiro que fixera méritos á actuación branca e, tamén, para minimizar os riscos en defensa coas cinco faltas no haber noiés. Aí, Pope puido castigar o atrevimiento do seu ex equipo, pero o seu intento perdeuse lonxe da portería. Ata o final o probaron en superioridade os de Marlon Velasco, con Alvarito deixándoo todo para sacar, a dous segundos do bocinazo, o punteirazo de Pirata que foi a última ocasión do choque.


O Noia Portus Apostoli FS chega ao parón desta semana en zona privilexiada, como oitavo clasificado con 29 puntos. Na próxima jornada, o cadro branco visitará ao líder, o Barça, no Palau Blaugrana.


 

Ficha técnica


BeSoccer CD UMA Antequera: Chispi (p), Daniel, Miguel (c), Dani Ramos e Pope. Tamén xogaron Burrito, Alvarito, David Velasco, Cobarro, Quique e Barona.


Noia Portus Apostoli FS: Henrique (p), Marcelo, Altamirano, Edu Jabá e Alisson. Tamén xogaron Power Raggiati, Lluc (c), Pirata, Douglas, Nico Rosa e Machado.


Goles: 0-1 Pirata (16’), 1-1 Cobarro (25’), 1-2 Barona (26’), 2-2 Douglas (37’).


Os colexiados castellano-manchegos Alberto Carrión Álvarez e Miguel Romero Candela amoestaron polos locais con cartón amarelo a Miguel (4’), Cobarro (20’), David Velasco (20’), Pope (21’), Dani Ramos (35’), Conejo (35’), Alvarito (35’) e Barona (37’). E polos visitantes viron a amarela Machado (20’), Alisson (35’) e Pirata (37’), ademais do adestrador Marlon Velasco (10’) e o delegado Samuel Tojo (40’).


Incidencias: partido correspondente á Xornada 21 da Primera División, disputado no Municipal Fernando Argüelles de Antequera ante uns 500 espectadores.

Comentarios


bottom of page