top of page

CRÓNICA X20 (NPA 8–2 VAL) | Festín por Entroido

O Portus Apostoli golea a Viña Albali Valdepeñas, un dos equipos top da categoría, para firmar a súa cuarta vitoria nos últimos cinco partidos ligueiros.
Os noieses sitúanse con 28 puntos na tába, afianzando a súa oitava posición e alonxándose máis dos puestos de descenso.
Os noieses celebran o primeiro dos seus tantos (foto: Pichero)

Tan inimaxinable como apoteósico. O Noia Portus Apostoli FS barrió de la pista al Viña Albali Valdepeñas gracias a una actuación llena de carácter, personalidad y también una extraordinaria puntería de cara a puerta que sirvió para llevarse un 5-0 al descanso y un 8-2 al final del encuentro.


Ambiente de Entroido nun Municipal Agustín Mourís no que abundaban os disfraces e que se preparaba para ver un auténtico partidazo entre os seus e un dos equipos da zona alta da categoría.


Os primeiros minutos do choque pasaron sen máis aviso claro que un un para un entre Pol Pacheco e Henrique que o gardameta brasileiro despexou con sobriedade, e con moita igualdade entre ambos equipos. Hasta que Power Raggiati destapou o tarro das esencias.


O tanto do arxentino no minuto 8, a pase de Lluc, foi o inicio da auténtica loucura, cos goles de Marcelo, Boyis en propia portería tras lanzamento de Henrique e Lluc sucedéndose nos seguintes catro minutos para deixar totalmente noqueado ao Viña Albali Valdepeñas, que aínda recibiría un golpe máis antes do descanso coa segunda diana de Lluc, aproveitando o xogo de cinco que desplegaran os vinateros uns minutos antes.


5-0 lucía o marcador do Mourís ao descanso, unha situación insospeitada por propios e estraños. Pero, aínda así, poucas confianzas contra un cadro da calidade do Viña Albali, que se xogou o todo polo todo desde o minuto un da reanudación co porteiro-xogador.

Abbasi quixo dar esperanzas aos seus, cunha deliciosa finalización diante de Henrique que supuxo o 5-1 no 23’. Aí, a resistencia defensiva galega valeu a pena, cunha transición terminando no terceiro tanto de Lluc, no minuto 27 de xogo.


Nin sequera o gol de Pol Pacheco no 28’ serviu de moito para un Valdepeñas superado polo empuxe e as ganas dun Noia e un Agustín Mourís en plena comuñón co seu equipo, que tras os tantos de Edu Jabá, despois dunha gran cabalgada por banda, e Machado, resolvendo un roubo en defensa do 5x4, arrancóouse con numerosas ondas que reflexaban o estado de inmensa alegría instalado no Pabellón, con moi buena presenza aínda tratándose dun día de festividade.


Sen moito máis que cortar, os tres puntos quedaron en Noia, para un Portus Apostoli que dá carpetazo definitivo ao de Murcia, logra a súa cuarta vitoria nos últimos cinco partidos de Liga e sitúase con 28 unidades, con 14 sobre unha zona de descenso que cada vez queda máis lonxe.


O próximo compromiso é de Copa do Rei, o martes 21 en Son Moix contra Mallorca Palma Futsal, nun duelo no que estará en xogo unha praza na Final Four.

 

Ficha técnica


Noia Portus Apostoli FS: Henrique (p), Marcelo, Lluc (c), Edu Jabá e Alisson. Tamén xogaron Power Raggiati, Bruno Gomes, Pirata, Douglas e Machado.


Viña Albali Valdepeñas FS: Edu (p), Boyis, Rafael Rato (c), Pol Pacheco e Solano. Tamén xogaron Claudino, Lemine, Lolo, Ivi, Abbasi, Bynho, Nano e Matheus Preá.


Goles: 1-0 Power Raggiati (8’), 2-0 Marcelo (9’), 3-0 Boyis en propia portería (10’), 4-0 Lluc (12’), 5-0 Lluc (18’), 5-1 Abbasi (23’), 6-1 Lluc (27’), 6-2 Pol Pacheco (28’), 7-2 Edu Jabá (30’), 8-2 Machado (31’).


Os colexiados asturianos Diego Gallo Suárez e Rubén Hevia Campa amoestaron polos locais con cartón amarelo a Douglas (33’), o preparador físico Adrián González (37’) e o adestrador Marlon Velasco (37’). E nos visitantes viron a amarela Pol Pacheco (3’), Edu (11’), Lemine (20’) e Claudino (29’).


Incidencias: partido correspondente á Xornada 20 da Primeira División, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 550 espectadores.

bottom of page