top of page

CRÓNICA X19 (FCB 3–1 NPA) | Loita sen premio no Palau

Os noieses non lograron sacar rédito da súa gran actuación en Barcelona, a pesar de manter a raia ao líder durante máis de media hora.
O Portus Apostoli afrontará o seu próximo compromiso o sábado 24 ás 16:00h na casa ante o Viña Albali Valdepeñas.

(foto: Pichero)

Ao igual que o curso pasado, o Noia foi máis que digna oposición no Palau Blaugrana, pero esta vez a moeda caeu cruz. Derrota dos brancos na súa visita ao líder da Primeira División FS, que non atopou a chave para o gol ata o minuto 32 e tivo que sufrilo para sacarlle os tres puntos ao empuxe noiés.


Nun Palau cunha gran entrada para ver a reaparición de Sergio Lozano, os culés comenzaron o duelo levando a batuta, e avisaron na primeira chegada cun tiro de Sergio González salvado entre o pau e Sarmiento. O arxentino sería protagonista con outras dúas paradas de mérito, como o seu homólogo Feixas, encargado de nublar as oportunidades dun Portus Apostoli de menos a máis nunha primeira metade que se resolveu sen tantos.


A pólvora continuou mollada durante boa parte do segundo tempo. Ata que no minuto 32, André Coelho sacou un latigazo ante o que nada puido facer Sarmiento. Como se de destapar o tarro das esencias se tratara, Matheus Preá replicou cun golazo de calcaño para empatar o partido uns segundos despois. Sergio Lozano completaría un regreso desexado poñendo por diante aos seus nunha rápida transición, ao que o Noia reaccionou introducindo o porteiro-xogador. Gozaron os brancos de dúas claras, desbaratadas por Feixas, e as súas esperanzas terminaron por esvaecerse a 47’’ do final, co gol de Adolfo desde a sñua media cancha.


Pouco ou nada que reprochar a un equipo que xogou con criterio e que o deixou todo, pero que esta vez non tivo a puntería e o chisco de fortuna necesarias nos momentos claves para facer encallar a un transatlántico. 15º con 17 puntos e o Family Cash Alzira FS apretando por detrás, o Noia Portus Apostoli FS recibirá o próximo sábado 24 ás 16:00h ao Viña Albali Valdepeñas en outro partidazo importante, nun Mourís que debe ser peza fundamental na remontada.


 

Ficha técnica

Barça: Miquel Feixas (p), Antonio, Sergio Lozano (c), Matheus e Sergio González. Tamén xogaron Adolfo, Touré, Erick e André Coelho.


Noia Portus Apostoli FS: Sarmiento (p), Power Raggiati, Edu Jabá, Altamirano e Matheus Preá. Tamén xogaron David Pazos, Rufino, Pirata (c), Nico Rosa, Pola e Machado.


Goles: 1-0 André Coelho (32’), 1-1 Matheus Preá (32’), 2-1 Sergio Lozano (34’), 3-1 Adolfo (40’)


Os colexiados do comité andaluz Antonio Jesús García Robles e Javier Moreno Reina amoestaron polos barcelonistas con cartón amarelo a Sergio Lozano (18’) e Matheus (23’). E polos noieses, amarelas a Matheus Preá (3’) e Machado (27’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 19 da Primeira División FS, disputado no Palau Blaugrana de Barcelona ante 3.118 espectadores.


bottom of page