top of page

CRÓNICA X16 PRIMEIRA DIVISIÓN FS (JCT 6–1 NPA) | Todo do revés

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 2 days ago
  • 3 min read
Mércores, 07/01/2026 · 23:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses concederon demasiado a un rival que non desaproveitou a oportunidade de acabar goleando.
Mércores, 07/01/2026 · 23:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses concederon demasiado a un rival que non desaproveitou a oportunidade de acabar goleando.

O Portus Apostoli comeza o ano co pé esquerdo. Os seus erros foron claves para que o Jimbee Cartagena Costa Cálida decantara un partido máis axustado do que o marcador final indicou (6-1).


Máis aló do corredor de honra ao recente tricampión da Supercopa de España FS, o Noia presentouse no Palacio de los Deportes de Cartagena con intencións de saír contestón y discutirlle o temón do encontro aos meloneiros. Nesas estaba o choque, co balón sen dono claro e achegamentos en ambas áreas, cando unha falta de comunicación entre Schütt e Douglas concedeu o 1-0 a placer a Mellado no 7’.


Recoñecemento ao campión | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Recoñecemento ao campión | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Con Thierry como destacado, os brancos buscaron o empate. O brasileiro estrelouse primeiro con Chemi nun remate a pelacorpo e despois co largueiro nun novo esforzo. Á falta de acerto arriba sumouse o non saber manter a mínima desvantaxe atrás. Os de David Palmas concederon de máis nunha das incorporacións do meta rival Chemi, que atopou só a Waltinho no segundo pau para converter no 15’ o 2-0 de cabeza.


Reacción con porteiro-xogador


A intención de darlle la volta estaba aí, pero as cousas non saían. Aínda faltaban asentos por encherse cando Pablo Ramírez se fixo co balón e castigou para o 3-0 nos primeiros instantes do segundo período. Un erro que non sería o último. Xusto no momento no que Ismael se dirixía ao rectángulo de xogo coa camiseta de porteiro-xogador, una inoportuna falta de saque outorgou unha oportunidade de ouro a Cortés con pelota parada ao borde da área que o MVP da final da pasada Supercopa non desperdiciou.


Xa xogando de cinco -sen Pazos nin Macedo, que caeron lesionados durante o transcurso do envite- e tras evitar polos pelos encaixar un máis, os brancos dispuxeron dunha fervenza de ocasións. Só Biel no 29’ acertou para reducir diferenzas. Ademais do propio á-pivote brasileiro, Ismael, Thierry, Koeman ou Altamirano puxeron en serios apretos a una zaga cartagenera que o pasou realmente mal neses minutos de empuxe e insistencia blancos. Un tramo que terminaron por disipar ya en los segundos finales, con los goles de Pablo Ramírez y Waltinho penalizando la ausencia de portero en el área visitante.


Biel fixo o único tanto noiés | Imagen: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Biel fixo o único tanto noiés | Imagen: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Próximo partido


Os de David Palmas recibirán ao ATP Iluminación Ribera Navarra FS o sábado 10 ás 16:00h pola 17ª xornada ligueira.



Ficha técnica

Jimbee Cartagena Costa Cálida: Chemi (p), Tomaz, Motta, Darío Gil y Pablo Ramírez. También jugaron Juninho, Cortés, Waltinho, Mellado (c), Osamanmusa, Carlos Alonso e Felipe.


Noia Portus Apostoli FS: Schütt (p), Montero, Macedo, David Pazos (c) y Biel. También jugaron Altamirano, Diego, Koeman, Douglas, Thierry, Ismael e Churrasco.


Goles: 1-0 Mellado (7’), 2-0 Waltinho (15’), 3-0 Pablo Ramírez (21’), 4-0 Cortés (28’), 4-1 Biel (29’), 5-1 Pablo Ramírez (40’), 6-1 Waltinho (40’).


Os árbitros Fernando Faubell Zaldívar e José Lázaro Angulo, do comité aragonés, amoestaron con tarxeta amarela ao adestrador noiés David Palmas (36’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 16 da Primeira División FS, disputado no Palacio de los Deportes de Cartagena ante uns 2.000 espectadores. Na saída a pista dos equipos, o plantel do Noia Portus Apostoli FS realizou o corredor de honra á do Jimbee Cartagena Costa Cálida, flamante campión da Supercopa de España FS.

Comments


bottom of page