top of page

CRÓNICA X14 PRIMEIRA DIVISIÓN FS (ALZ 5–5 NPA) | Punto agridoce

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 7 hours ago
  • 3 min read
Sábado, 13/12/2025 · 23:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses tiveron na súa man a vctoria e acabaron agradecendo un empate in extremis que os afasta máis do descenso, pero tamén practicamente fóra da loita pola Copa de España FS.
Sábado, 13/12/2025 · 23:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses tiveron na súa man a vctoria e acabaron agradecendo un empate in extremis que os afasta máis do descenso, pero tamén practicamente fóra da loita pola Copa de España FS.

O Portus Apostoli engade un punto (5-5) á saca nunha tarde de tolos en Alzira. O tanto de Biel a 32 segundos do final desactivou a celebración do Family Cash Alzira FS, que deu a volta na segunda parte ao 1-4 co que os noieses se colocaran grazas ao póker de Ismael. Unha suma que serve para aumentar nun a vantaxe coa zona de descenso e, por outra parte, deixa nunha quimera calquera opción de soñar pola Copa de España FS.


Avisárao o técnico noiés na previa: a diferenza de 13 puntos na táboa non se correspondía co da pista. Sobre a do Palau d’Esports de Alzira viuse a gran igualdade que representa a esta competición. Polo menos, ata que Ismael entrou en trance.


Ismael superstar | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Ismael superstar | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

O prieguense convertiu cun punteirazo o 0-1 no 8’ vestido de porteiro-xogador. Aínda no 11’ e xa de branco, recolleu o esférico aéreo enviado por Schütt, zafouse de Darrieer e con sutileza fixo o 0-2. Para o 0-3 volveu ao recurso da punteira de lonxe, apenas un minuto despois. Yunii reduciu diferenzas a continuación, pero o pivote do Noia emerxeu de novo a 2 décimas do entretempo, anotando o tiro de diez metros tras a sexta falta local. O balance, espectacular: un hat-trick en apenas catro minutos e un póker ao descanso.


Todo se torceu


O Family Cash xa deixara sinais antes do descanso de que non se ía render, e á saída de vestiarios deuse o mellor chute de moral posible en forma de gol. O 2-4 de Ivi deu ás aos locais e desconcertou a un Portus Apostoli que só mellorou despois do tempo morto solicitado por David Palmas no 26’, xusto despois do 3-4 de Rubi -o capitán de Alzira- en lanzamento de falta.


De feito, a partir de aí tiveron os brancos varias opcións para recuperar terreo no electrónico. Ismael e David Pazos toparon coa madeira, a Thierry faltáronlle uns centímetros na súa chegada sobre o marco alzireño e Rubi -o noro- non puido aproveitar un man a man.


Unha segunda parte complicada | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Unha segunda parte complicada | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Toda a eficacia do primeiro acto esfumouse no segundo, e, ademais, a fortuna tamén deu as costas. Porque cos de Braulio Correal xogando de cinco, un disparo de Ivi chamado a perderse por línea de fondo paseouse entre as pernas de Varsalona e Douglas, tocando nas deste último para traducirse no empate a catro. Explosión do Palau que aumentaría instantes despois co gol do seu porteiro Adrián Pereira, penalizando o porteiro-xogador noiés.


Con pouco máis dun minuto no crono, o guión esixía seguir tirando da superioridade numérica para, polo menos, rescatar un punto. Logrouno Biel, cabeceando un servizo de Ismael a 32 segundos do bucinazo final, nunha diana celebrada con efusividade y tamén coraxe. Pero o céerto é que, nunha semana de estadía fóra da casa, o Noia Portus Apostoli FS segue achegándose ao obxectivo, lucindo uns históricos 18 puntos no seu casilleiro e 12 sobre o descenso tras 14 jornadas, ademais de colocarse a un paso da Final Four da Copa do Rei FS.


Próximo partido


Parón ligueiro a vindeira semana, e a seguinte derbi galego no Mourís ante O Parrulo Ferrol FS o sábado 27 ás 18:30h para pechar a primeira volta.



Ficha técnica

Family Cash Alzira FS: Adrián Pereira (p), Rubi (c), Ivi, Pablo García e Yunii. Tamén xogaron Quixeré, Ibarra, Povea, Cola, Darrieer, Dickson, Arechaga e Lechero.


Noia Portus Apostoli FS: Schütt (p), Montero, Rubi, David Pazos (c) e Biel. Tamén xogaron Varsalona, Leozin, Diego, Koeman, Douglas, Thierry, Ismael e Churraso.


Goles: 0-1 Ismael (8’), 0-2 Ismael (11’), 0-3 Ismael (12’), 1-3 Yunii (12’), 1-4 Ismael (20’), 2-4 Ivi (21’), 3-4 Rubi (26’), 4-4 Douglas, en propia portería (37’), 5-4 Adrián Pereira (39’), 5-5 Biel (40’).


Os árbitros Jorge González Moreta e Luis Sánchez Chamorro, do comité madrileño, amoestaron con tarxeta amarela nos alzireños a Lechero (12’), Ivi (13’), Povea (19’), o adestrador Braulio Correal (20’) e Ibarra (29’). Nos noieses, amarelas a Douglas (12’), Biel (26’), Montero (29’) e Churrasco (30’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 14 da Primeira División FS, Palau d’Esports de Alzira ante uns 1.000 espectadores.

Comments


bottom of page