top of page

CRÓNICA X13 (NPA 2–6 QHM) | Demasiado avultado

Por segunda vez esta semana, o Portus Apostoli caeu presa do seu escaso acerto de cara a portería e acabou recibindo un excesivo castigo a mans da revelación.
A próxima semana, duelo directo en Sevilla ante o Real Betis Futsal.

(foto: Pichero)

O Noia Portus Apostoli FS volveu a estrelarse contra unha parede, desgrazadamente, coñecida: a da pouca puntería. Na falta de acerto afogáronse novamente as opcións noiesas, esta vez diante dun Quesos el Hidalgo Manzanares FS que soubo aproveitar o seu momento para axustizar e levarse o encontro cun marcador demasiado esaxerado de 2-6.


O bo ritmo pero con poucas ocasións do inicio foise transformando, pouco a pouco, no contrario. As faltas enlodazaron (con catro moi protestadas se puxo o Noia no 6’), pero as oportunidades apareceron, con sendos paus para cada lado. Unha acción xenial entre Pirata, que puxo o pase, e David Pazos, perfecto na definición, desigualou a contenda no minuto 7. Manzanares reaccionou rápido, e atopou o empate por medio de Daniel no 10’, nunha acción da que se queixaron moito equipo e afección noiesas por unha posible falta sobre Edu Jabá no orixe.


Os últimos sete minutos do acto inicial estiveron protagonizados polo porteiro-xogador dos brancos, salvagardando as súas 5 faltas e, ademais, contando cun bo número de ocasións. Porén, Dani Juárez puxo o candado á súa portería e negou un merecido segundo tanto antes do descanso.


As mellores oportunidades seguiron tendo cor branca, xa con igualdade numérica, na reanudación, pero, unha vez máis, o Portus Apostoli estrelouse contra o meta rival e o seu punto de mira desviado. Pazos en dúas ocasións, Machado ao pau, Nico Rosa nun un contra un... Sábeo ben o Noia que o que perdoa, adoita pagalo, e experimentouno nas súas carnes de maneira excesivamente dura.


Os tantos practicamente seguidos de Cortés e Pirata en propia meta, intentando desviar un servizo de Álvaro á área, foron unha xerra de agua xeada, ao que se uniu a lesión de Machado pouco despois. Nesta, o porteiro-xogador non serviu para darlle a volta á tortilla, senon para avultar de máis o resultado dun partido que non foi o que reflicte o marcador. Xa nos últimos segundos, Edu Jabá anotou o definitivo 2-6 que deixa aos noieses momentaneamente en 13ª praza con 11 puntos tras 13 partidos disputados.


A próxima volve a ser unha semana normal, dun só partido, coa visita dos nosos ao Real Betis Futsal o sábado 2 de decembro ás 20:00h en Sevilla.


 

Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS: Sarmiento (p), Power Raggiati, Machado, David Pazos e Pirata (c). Tamén xogaron Altamirano, Edu Jabá, Rufino, Attos, Nico Rosa, Pola e Matheus Preá.


Quesos el Hidalgo Manzanares FS: Dani Juárez (p) (c), Deivao, Álvaro, Raúl Campos e Daniel. Tamén jugaron Galle Rodríguez, Antoñito, Pedro, Cortés, Gallo e Juan Emilio.


Goles: 1-0 David Pazos (7’), 1-1 Daniel (10’), 1-2 Cortés (30’), 1-3 Pirata, en propia portería (31’), 1-4 Cortés (37’), 1-5 Álvaro (38’), 1-6 Daniel (39’), 2-6 Edu Jabá (40’).


Os colexiados Rubén Ferrero Carballal (comité galego) y Eder Gómez de Salazar (comité vasco) amoestaron polos locais con cartón amarelo a Altamirano (5’), o preparador físico Juan Carlos Argibay (9’), Edu Jabá (10’), Pola (23’), Iván (23’), Rufino (26’), Pirata (30’) e Sarmiento (33’). E polos visitantes, amarelas a Raúl Campos (10’), Álvaro (21’), Pedro (26’) e Deivao (37’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 13 da Primeira División Fútbol Sala, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 600 espectadores.

bottom of page