CRÓNICA X12 PRIMEIRA DIVISIÓN FS (NPA 3–2 CPH) | Golpe na mesa
- Departamento prensa Noia PA FS

- Nov 30, 2025
- 3 min read

Máis que unha vitoria, un golpe na mesa. O Noia Portus Apostoli FS conquista os tres puntos (3-2) na visita do Córdoba Patrimonio de la Humanidad ao Mourís e suma 17, récord do Club nunha primeira volta na Primeira División FS, o que lle fai durmir con 12 sobre a zona de descenso e a só 1 do top 8.
Como pasara sete días antes en Santa Coloma, a igualdade da táboa traspasouse á pista. Aínda que, nesta ocasión, dunha maneira máis pechada e sen tantas oportunidades. Nesas e xusto superado o ecuador do primeiro tempo, Leozin sacou unha xenial acción de pivote para bater a Fabio e romper as hostilidades.

Douglas puido facer minutos máis tarde o segundo duns noieses que se sentían cómodos sobre o parqué. Todo e iso coas baixas xa sabidas de Altamirano, Macedo e Diego, ás que se uniron antes do choque o capitán David Pazos -proceso vírico- e durante Peixe. Porén, os califais lograron reaccionar a 20 segundos do descanso co empate, por medio dun lanzamento exterior de Carlos Gómez que sorprendeu a Schütt.
A base de golazos
O paso por vestiarios non mudou o guión. Equilibrio con algunha que outra chegada de cada bando sen éxito. Ata que, no minuto 31, o visitante Hugo vía a tarxeta vermella directa por unha dura entrada sobre Montero. O Noia ulía sangue, e era clave aproveitalo na superioridade numérica. Tras varias intentonas de Ismael ou Koeman -primeira convocatoria ligueira do curso para o filialista-, fíxoo Biel enganchando de primeiras o balón para aloxalo con violencia e colocación dentro da portería, sen ningunha opción para Fabio.
Aínda subidos na onda, Ismael volveu a abrir o tarro das esencias cun impresionante golpeo a bote pronto, cazando un balón solto, apenas un minuto despois. Era o 3-1, unha renda que xa non se podía escapar. Co Córdoba actuando de cinco, a piques estiveron de sentencialo Montero e Douglas, pero os seus remates frustráronse por moi pouco.
Condenados a sufrir ata o final, máis tras o tanto de Pescio con dous minutos pendentes no crono. Un sufrimento que se convertiu en éxtase coa última parada dun imperial Schütt e o bucinazo definitivo que deixaba outra vitoria de enorme magnitude en Noia.

Próximo partido
El Portus Apostoli debuta este martes 2 a las 20:30h en la Copa Galicia FS, donde buscará el pase a semifinales en la pista del O Esteo FS.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS: Peixe (p), Montero, Thierry, Rubi (c) e Biel. Tamén xogaron Schütt (p), Varsalona, Leozin, Koeman, Douglas, Ismael e Churrasco.
Córdoba Patrimonio de la Humanidad: Fabio (p) (c), Zequi, Carlos Gómez, Aranda e Nicolás. Tamén xogaron Nacho Gómez, Hugo, Pescio, Murilo e Titi del Rey.
Goles: 1-0 Leozin (11’), 1-1 Carlos Gómez (20’), 2-1 Biel (31’), 3-1 Ismael (32’), 3-2 Pescio (38’).
Os árbitros Diego Martínez García, do comité balear, e Tomás Santander Flamarique, do comité aragonés, amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Leozin (16’) y Douglas (38’). Nos cordobeses, amarelas a Nicolás (13’) e o adestrador Ema Santoro (31’). Viu a vermella directa Hugo (31’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 12 da Primeira División FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 750 espectadores.











Comments