O Portus Apostoli caeu na súa visita ao Pavelló Nou, nun partido que se decidiu na segunda parte, e deixa escapar unha boa opción de mirar para arriba.
Este martes, os de Tomás de Dios visitan Mengíbar na cuarta ronda da Copa do Rei.
Derrota do Noia Portus Apostoli FS na súa visita ao Pavelló Nou de Santa Coloma, onde Industrias foi máis resolutivo e acertado, nunha segunda metade na que se decidiu o encontro. Este resultado deixa aos noieses 13º con 11 puntos e alónxaos dunhas xa moi complicadas opcións de Copa de España.
A primeira metade transcurriu con moito ritmo e rapidez, a pesar de que entre ambos conxuntos se alcanzarían as 9 faltas. Desde o 7’ estivo Industrias co aviso de bonus, algo que os brancos, vestidos de azul para a cita, non puideron aproveitar, como tampouco algunha das súas ocasións claras, a que máis a que gozou Nico Rosa.
De novo sería Rosa o que rozaría a opción do gol, xa na segunda metade, cun disparo raso que tapou Borja Puerta. Na contra desa acción, unha falta de Attos traduciríase no 1-0 para os colomenses. O ex noiés Nil atopou o oco para superar a Sarmiento, no 24’ de xogo, e adiantar aos seus. O Noia foi capaz de contrarrestar cedo, e no 26’ xa empatara por medio dunha definición de gran calidade de Matheus Preá.
Os problemas de faltas que acusaron os cataláns no primeiro acto pasaron aos noieses no segundo, o que lles obrigou a baixar a intensidade no contacto. Aproveitouno o equipo de Xavi Closas con xogada individual de Khalid, que o propio xogador resolvería para o 2-1 mediado o segundo acto. A reacción de Tomás de Dios foi contundente, introducindo o porteiro-xogador cos primeiros minutos no choque de David Pazos, lastrado durante toda a semana por un proceso febril. Houbo perigo e boa circulación, pero non ocasións claras que fixeran tremer a Borja Puerta.
E tras camiñar no alambre das faltas durante varios minutos, unha man de Pola condenou ao primeiro dez metros dos locales, que convertiu Verdejo. Contaría con outro intento o xogador colomense, pero esta vez venceu a partida Nico Sarmiento. De pouco lle serviu a un Portus Apostoli que nos catro minutos restantes non atopou como meterse de novo no duelo e cedeu os tres puntos en favor de Industrias Santa Coloma.
A próxima semana, o Noia recibirá a visita do Quesos el Hidalgo Manzanares FS o sábado 25 ás 16:00h na xornada 13 de Primeira División FS. Pero antes toca estrearse na Copa do Rei 23/24, que levará aos noieses a Mengíbar este martes 21 ás 20:30h, pola cuarta eliminatoria do torneo do KO.
Ficha técnica
Industrias Santa Coloma: Borja Puerta (p), Corso (c), Verdejo, Povill e Cardona. Tamén xogaron Álex Lluch (p), Khalid, Uri Santos, Marc Tolrà, David Peña, Hirata e Nil.
Noia Portus Apostoli FS: Sarmiento (p), Pola, Power Raggiati, Machado e Pirata. Tamén xogaron Lluc (c), David Pazos, Edu Jabá, Attos, Nico Rosa e Matheus Preá.
Goles: 1-0 Nil (24’), 1-1 Matheus Preá (26’), 2-1 Khalid (29’), 3-1 Verdejo (35’).
Os colexiados valencianos Samuel Gabaldón Rico e Óscar Ropero Lara amoestaron polos locais con cartón amarelo a Cardona (3’) e Uri Santos (12’). E polos visitantes, amarelas a Machado (21’), Pola (23’), Attos (24’) e Pirata (35’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 12 da Primeira División Fútbol Sala, disputado no Pavelló Nou de Santa Coloma ante uns 1000 espectadores.
टिप्पणियां