top of page

CRÓNICA X10 (MPF 2-1 NPA) | Coa mel nos beizos

Os brancos rozaron a opción de sumar na pista do campión de Europa, que acabou castigando a súa superioridade no tramo final.
Este mércores 15 ás 20:00h, importante duelo contra o ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra no Mourís.

(foto: Mallorca Palma Futsal)

Durante moitos minutos afogou o Portus Apostoli as variantes e recursos dun Mallorca Palma Futsal que tivo que suar para dobregar a un rebelde cadro noiés, de novo moi competitivo lonxe de casa pero, esta vez, sen premio.

As primeiras chegadas pertenceron ao Mallorca Palma Futsal, pero o primeiro gol do mediodía deixouno o Noia, que, entrando pouco a pouco no duelo, logrou o 0-1 por medio de Machado no 7’, nun gran envío largo de Pirata que o brasileiro resolveu ante a saída do seu marco de Luan Muller.

Foi toda unha xerra de auga fría ao bo traballo defensivo dos noieses, encabezados por un fiable Sarmiento, o empate dos baleares. Un servizo desde a esquina de Marcelo acabou, no 10’, dentro da portería do arxentino a tenor dun rebote en Edu Jabá. Non foi suficiente para tumbar aos noieses no resto dunha primeira parte na que, ademais de non sufrir en exceso as embestidas dun Palma que buscaba o segundo coas incorporaciones de Luan Muller, provocou a quinta falta local e gozou con varias transicións de boas oportunidades para volver a adiantarse antes do descanso.

Novamente saiu con forza o cadro de Vadillo, forzando ao máximo a resistencia noiesa, cun Sarmiento que seguía entonadísimo. Tras varias detencións de moito mérito, o Mallorca Palma acabou por golpear no 37’ cun gran gol de Tayebi. Respondeu Manu Cossío, ao frente no banco branco pola sanción de Tomás de Dios, con David Pazos como porteiro-xogador. Amasou e amasou as accións o Noia, contando con ata tres claras, pero sempre se interpuxo un rival que negou a opción de saír con puntos de Son Moix.

Sen tiempo para moito máis, o Portus Apostoli recibirá ao ATP Iluminación Tudelano Ribera Navarra este mércores 15 no Agustín Mourís, a partir das 20:00 horas, nun vital partido da xornada 11 de Primeira División FS.


 
Ficha técnica

Mallorca Palma Futsal: Luan Muller (p), Marcelo, Chaguinha, Fabinho e Tayebi. Tamén xogaron Vilian, Cléber, Moslem, Bruno Gomes, Rómulo, Gordillo e Salar.

Noia Portus Apostoli FS: Sarmiento (p), Power Raggiati, Machado, David Pazos y Pirata. Tamén xogaron Altamirano, Edu Jabá, Attos, Nico Rosa e Matheus Preá.

Goles: 0-1 Machado (7’), 1-1 Edu Jabá en propia portería (10’), 2-1 Tayebi (37’).

Os colexiados Pablo Delgado Sastre (comité valenciano) e Alejandro Martínez Flores (comité murciano) amoestaron polos locais con cartón amarelo a Marcelo (10‘), Tayebi (13‘) e Chaguinha (40’). Polos visitantes, amarelas a Machado (2‘), Iván (18’), David Pazos (34’) e Matheus Preá (35’).

Incidencias: partido correspondente á xornada 10 da Primeira División Fútbol Sala, disputado no Palau Municipal d’Esports Son Moix de Palma ante uns 1200 espectadores.

Comments


bottom of page