Mallorca Palma Futsal gañouse o primeiro punto da serie de maneira contundente, sentenciando o partido nun fatal minuto 11 para os intereses noieses.
O segundo envite, este sábado 27 ás 19:00h no Municipal Agustín Mourís. Información de venda de entradas AQUÍ.
O primeiro punto da serie de cuartos de final do PlayOff polo título quédase en Palma, despois de que o campión de Europa e de Liga regular fixera valer a súa condición de favorito, incrementada nun fortín onde non coñece a derrota este curso, para golear a un Portus Apostoli superado polo cadro balear, pero que xa pensa no segundo duelo deste sábado.
A pesar do tanto no minuto 2 de Luan Muller, nunha da súas típicas cabalgadas, non lle perdeu a cara ao partido o conxunto noiés no tramo inicial de encontro, onde houbo algún achegamento con boa intención. Porén, o 2-0 de Mancuso, nunha rápida transición preto do ecuador do primeiro período, si deixou tocados aos de Marlon Velasco.
O campión de Europa fixo xaque mate nun minuto 11 de éxtasis total, aproveitando o xogo de cinco que introduciran os brancos para facer Tomaz o terceiro e, á saída do tempo morto noiés, Rivillos o cuarto, seguido polo quinto de Mancuso, tras recuperar o balón en primeira liña de presión. Cléber colocou o 6-0 a 54’’ do descanso, cun potente golpeo que foi o culmen a unha excelente acción dos de Vadillo.
Puido esbozar un pequeno sorriso o plantel noiés co gol de Lluc aos 3 minutos da reanudación, rapidamente replicado por Tomaz para o 7-1 dun Mallorca Palma que seguiu buscando tantos e obrigou a empregarse a fondo a Henrique. Fixo o propio o Noia con Barrón, ao que volveu a superar por medio de Álex García, empuxando á rede un servizo de Hozjan. Como conclusión á súa particular fiesta, pechou a goleada Cléber para o equipo local cun golazo de falta.
Non hai tempo para lamentos. En apenas tres días, o Agustín Mourís decidirá se a serie termina ou se alarga a un terceiro partido, o que buscará un Noia Portus Apostoli FS que non quererá permitir que este sexa o fin dunha temporada histórica.
Ficha técnica
Mallorca Palma Futsal: Luan Muller (p), Cainan, Chaguinha, Tomaz e Eloy Rojas. Tamén xogaron Barrón (p) (c) Mancuso, Marlon, Rivillos, Tayebi, Cléber e Dani Saldise.
Noia Portus Apostoli FS: Henrique (p), Power Raggiati, Lluc (c), Pirata e Alisson. Tamén xogaron Altamirano, Hozjan, Bruno Gomes, Álex García, Douglas, Nico Rosa, Machado e Marcelo.
Goles: 1-0 Luan Muller (2’), 2-0 Mancuso (9’), 3-0 Tomaz (11’), 4-0 Rivillos (11’), 5-0 Mancuso (11’), 6-0 Cléber (20’), 6-1 Lluc (23’), 7-1 Tomaz (25’), 7-2 Álex García (38’), 8-2 Cléber (39’)
Os colexiados madrileños Jorge González Moreta y Luis Sánchez Chamorro amoestaron con cartón amarelo polos locais a Rivillos (8’), Tayebi (17‘) e Cainan (32’). E polos visitantes, a Henrique (18’), Pirata (20’), Douglas (39’) e o adestrador Marlon Velasco (39’).
Incidencias: partido 1 da ronda de cuartos de final do PlayOff polo título de Primeira División, disputado no Palau Municipal d’Esports de Son Moix ante uns 3.000 espectadores.
Comments