Unha triple parada de Luan Muller a catorce segundos do final evitou a prórroga en Son Moix e condenou a un combativo Portus Apostoli a despedirse da Copa.
Os noieses pechan a súa mellor participación histórica na competición do KO, quedándose a só un partido de disputar a Final Four.
Non puido ser. E non foi por non intentalo. A reacción do Noia Portus Apostoli FS, que se viu 3-0 abaixo en quince minutos de partido, morreu na beira, cunha triple parada decisiva de Luan Muller nos últimos segundos que conduciu ao 4-2 definitivo e á eliminación copeira do conxunto galego.
Despois dun inicio de choque igualado, o gol de Cléber no minuto 4 foi o detonante para decantar a balanza da primeira metade do lado do Mallorca Palma Futsal, que impuxo a súa condición de favorito no duelo a base de moita intensidade e as incorporaciones en ataque de Luan Muller, que fixeron dano á defensa noiesa.
Co segundo do Mallorca Palma, obra de Mancuso no 13’, notouse unha pequena reacción branca. As ocasións de Douglas e Edu Jabá obrigaron a empregarse a fondo ao meta local. Porén, os baleares volveron a golpear apenas dous minutos máis tarde, co tanto de Chaguinha, cazando un balón solto na área.
O tanto de Pirata no 18’, nun lanzamento indirecto de falta, deu razóns ao Portus Apostoli para crer e un espaldarazo necesario antes do descanso, que puido quedar en nada de anotar Tayebi o penalti que lanzou á madeira, pero tamén ser maior se Edu Jabá convertera o dez metros que dispuxeron os noieses tras a sexta falta do Mallorca Palma.
Distinta foi a segunda metade, con maior protagonismo continuado do Noia en ataque e, tamén, un ritmo máis lento e trabado, propiciado polas numerosas faltas e amarelas sinaladas pola parella arbitral, que restaron lustre a un espectacular duelo.
Os remates ao pau de Eloy Rojas e Tomaz estiveron preto de decidir definitivamente o partido. O segundo deles foi a última réplica mallorquina antes da entrada de Lluc como porteiro-xogador no Portus Apostoli.
Avisou Bruno Gomes cun tiro que rozou o poste, e disparou Marcelo co 3-2 no 38’, un zurdazo ao pau largo inapelable para Luan Muller. Drama asegurado para os dous últimos minutos nun Son Moix prácticamente cheo, consciente da importancia da cita, que apretou para dar alento aos seus.
Íalle a quedar unha última, máis ben múltiple, ocasión ao conxunto de Marlon Velasco. Nin Bruno Gomes, por dúas veces, nin Marcelo lograron superar a un Luan Muller que se fixo xigante para, a 14’’ do bocinazo final, evitar a prórroga cunha triple parada salvadora e asegurar o pase do Mallorca Palma Futsal á Final Four da Copa do Rei, coa guinda do tanto de Rivillos con 3’’ por xogarse.
Eliminados a mans dun dos mellores equipos do continente e na súa pista, totalmente entregada. Pouco máis se lle pode pedir a un Noia Portus Apostoli FS que xa fixera historia chegando ata aquí, e que pecha un fantástico capítulo nesta Copa do Rei 2022/2023 coa cabeza moi alta.
Los noieses volverán a casa el miércoles por la tarde, ya pensando en el duelo liguero de la Jornada 21 de este sábado 25 a las 18:00h contra el BeSoccer CD UMA Antequera en el Fernando Argüelles.
Ficha técnica
Mallorca Palma Futsal: Luan Muller (p), Tomaz, Cléber, Moslem e Mancuso. Tamén xogaron Barrón (c) (p), Chaguinha, Eloy Rojas, Marlon, Rivillos, Tayebi e Cainan.
Noia Portus Apostoli FS: Gozi (p), Marcelo, Lluc (c), Edu Jabá e Bruno Gomes. Tamén xogaron Power Raggiati, Nejc Hozjan, Pirata, Douglas, Nico Rosa, Alisson e Machado.
Goles: 1-0 Cléber (4’), 2-0 Mancuso (13’), 3-0 Chaguinha (15’), 3-1 Pirata (18’), 3-2 Marcelo (38’), 4-2 Rivillos (40’).
Os colexiados murcianos Andrés Botella López e Francisco Castillo López amoestaron polos locais con cartón amarelo a Cainan (17’), Tomaz (18’), Cléber (19’), Tayebi (26’), Eloy Rojas (27’), Marlon (27’), Luan Muller (31’), Rivillos (37’), Barrón (39’) e o delegado Martín López (19’). E polos visitantes viron a amarela Pirata (13’), Douglas (18’), Edu Jabá (19’), Marcelo (26’), Power (28’), Nico Rosa (29’), Gozi (37’), Lluc (39’) e o preparador físico Adrián González (29’).
Incidencias: partido correspondente aos cuartos de final da Copa da Súa Maxestade o Rei, disputado no Palau Municipal d’Esports de Son Moix, en Palma, ante uns 3.700 espectadores.
Comments